Campaña de recollida de alimentos.

Dende o día 24 de novembro ao día 1 de decembro o colexio e a ANPA estamos levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos. Estos alimentos estarán destinados ao banco de alimentos do concello de Coristanco e serán repartidos as familias que o necesitan. Animádevos a colaborar! Moitas grazas.

Proxecto "Radio na biblio"

Ven de publicarse a  Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 17 de novembro de 2017, pola que se dá a coñecer a relación dos 20 centros que se integran no proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliote

MENÚ DE NOVEMBRO DE 2017

Adxuntamos o menú de novembro e o cuadernillo que este mes está inspirado na lenda de Breogán. De onde será o noso menú especial de fin de mes? Que sorpresas teremos? 

MENÚ DE OUTUBRO DE 2017

Adxuntamos o menú do mes de outubro e o menú especial de fin de mes do pasado día 31.

Este curso relacionaremos os nosos menús de fin de mes co PDI( Proxecto Documental Integrado) LENDARIO. O menú do 31 de outubro foi inspirado en Escocia , pola lenda do monstro do Lago Ness. No seguinte enlace podedes ver todo o que fixemos ese día! Foi moi divertido!

XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes"

REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS DE 4º DE EI

O día 1 de setembro ás 12:00h  as familias dos novos/as alumnos/as de 4º de EI terán unha reunión inicial no centro coa titora do grupo e a dirección para recibir toda a información necesaria (período de adaptación, comedor, etc).

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP

Están publicadas na conserxería do centro as listaxes definitivas de admitidos en fondo libros de 3º a 6º de educación primaria.

VALES DE LIBROS E DE MATERIAL

O luns 10 e o martes 11 estarán dispoñibles na secretaría do centro  os vales de libros de texto de 1º e 2º de EP a quen lle corresponda e os cheques do material de 1º a 6º de EP a quen lle corresponda.

O horario de recollida é de 10:00 a 14:00h

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP

Están publicadas na conserxería do centro as listaxes provisionais de admitidos en fondo libros de 3º a 6º de educación primaria.

HISTORIAIS ACADÉMICOS E IMPRESOS DE COMEDOR

Xa está dispoñible no centro a seguinte documentación a recoller:

- HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º DE EP.

- IMPRRESOS DE PAGO DO COMEDOR DO MES DE XUÑO.

HORARIO DE RECOLLIDA: DE 10:00H A 13:30H

Libros de texto 2017/2018

Adxuntamos a lista dos libros de texto para o vindeiro curso 2017/2018

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES