LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Adxuntamos a listaxe dos libros de texto de Educación Primaria para o curso 2018-2019.

En Educación Infantil non se empregarán libros de texto para o vindeiro curso.

Vales para os libros de texto e cheques de material. Fondo libros.

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales para os libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, os cheques de material de 1º a 6º de Educación Primaria.

Tamén están dispoñibles no corcho da conxersería as listaxes provisionais da adxudicación de libros de fondo libros de 3º a 6º de Educación Primaria. As listaxes definitivas sairán nos próximos días sempre antes do 20 de xullo.

Os libros repartiranse en setembro antes de comezar as clases nas titorías. 

Historiais académicos 6º EP e impresos de pago de comedor escolar

A partir do mércores  4 de xullo pódese pasar a recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS DO ALUMNADO DE 6º DE EP.

O horario de atención ao público é de 11:00 a 13:00h na secretaría do centro.

A data límite para a recollida desta documentación é o xoves 12 de xullo.

Informamos de que xa están dispoñibles os impresos de pago do comedor correspondentes ao mes de xuño de 2018.

Impresos de pago do comedor do mes de xuño

Os impresos de pago do comedor do mes de xuño para os usuarios con importe poderán pasar a reollerse polo centro a partir do día 5 de xullo.  Podedes entregar os xustificantes de pago  no cole ata o día 13 de xullo.

 

Despedimos o PDI LENDARIO coas familias.

O xoves 31 de maio  foi unha xornada de festa no colexio. Despedimos o PDI LENDARIO coa visita das familias a un mundo máxico de imaxinación e fantasía. Agradecemos a participación tan positiva de familiares e amigos/as e desexamos que o produto final fose do voso agrado.

Menú de xuño

Adxuntamos o último menú deste curso escolar 2017-2018 e un cuadernillo de agradecemento. O comedor rematará o mércores 20 de xuño  .

Aproveitamos para recordarvos que as clases rematarán  o xoves 21 de xuño, con xornada reducida, de 9:30 h a 12:30 h, sen comedor e con transporte habitual. Este día teremos a festa de fin de curso organizada en colaboración coa ANPA do colexio de 10:00h a 12:00h. Esperamos a vosa asistencia para despedir o curso un ano máis.

Listaxe definitivo de alumnado admitido para o curso 2018-2019

Publicación da listaxe definitiva de alumnos/as admitidos/as para o curso 2018- 2019.

Prazo de formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño de 2018.

Menú de maio

Adxuntamos o menú de maio e o cuadernillo deste mes que trata sobre unha lenda africana, "Lenda do Baobab". Que aproveite!

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2018/2019

Adxuntamos a publicación provisional do alumnado admitido para o curso 2018-2019 no seguinte archivo.

Información sobre os días de vacacións

Estimadas familias:

Hoxe,venres 23 de marzo comezan as vacacións de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes día 3 de abril de 2018. Aproveitamos esta ocasión para informarvos dos días non lectivos durante o terceiro trimestre:

30 de abril,luns - Día non lectivo.

1 de maio,martes - Festivo .

17 de maio, xoves – Festivo, Letras Galegas.

Menú de abril

Adxuntamos o menú de abril e o cuadernillo que nesta ocasión ten unha lenda de orixe mexicana que nos explica como chegou o millo a un pobo dunha parte de México. Esperamos que disfrutedes e sigades investigando  moito sobre as lendas de todas as partes do mundo!

Menú especial de marzo

Adxuntamos o menú de fin de mes de marzo que está inspirado na India, pola figura mitolóxica Ganesha.Podesde atopar no cuadernillo de marzo a súa historia. Esperemos que disfrutedes deste menú "Lendario".

Resultat d'imatges de ganesha

 

Prazo de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ao 20 de marzo de 2018.

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar