Skip to Content

Complementarias

Guía para volver á escola

Xuntamos unha guía práctica con pictogramas para o alumnado para a volta á escola ou ben tras unha cuarentena ou ben tras as vacacións.

Autor pictogramas:Sergio Palao Procedencia:http://arasaac.org Licencia: CC (BY-NC SA) Autora: Laura Sahuquillo Martínez CEE RUIZ JIMÉNEZ Traducido por: Rosa Fiel  

Curtas de interese para traballar diferentes valores no cole e na casa

Estimadas familias: 

Dende o equipo de dinamización de convivencia do colexio temos unha nova proposta. Ao longo do curso iremos subindo materias a este apartado para que tanto dende as aulas como dende as casas poidades traballar diferentes temáticas e valores a partir de propostas como a que a continuación presentamos. 

LIP DUB DO CEIP CANOSA-RUS

Estimadas familias:

Xa tedes a vosa disposición no blogue de  Leoteca en Rus o resultado das actividades do día de hoxe no cole. Estamos moi orgullosos/as do noso alumnado e da súa tan boa resposta á adaptación á situación actual. GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP CANOSA-RUS. FELICES DÍAS DE ENTROIDO DE PARTE DE TODO O PROFESORADO! Para ver o vídeo , picade a continuación. 

Páxinas webs de interese para as familias

Nesta entrada iremos xuntando páxinas de interese como a seguinte:

http://aulasgalegas.org/

https://www.mundoprimaria.com/

XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes"

3,2,1...ENTROIDO

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole un entroido de cine con diferentes actividades. 5º e 6º de EP mostraron ao resto do alumnado as súas habilidades en acrosport. Despois cada clase luciu os seus disfraces relacionados co cine nun pasarrúas que levouse a cabo coa colaboración de Protección Civil e a Policicía Local de Coristanco. Non faltou a degustación dos produtos típicos e a chocolatada da que puidemos disfrutar cas familias e este ano tivemos un photocal de cine moi divertido. Proximamente teremos na galería de imaxes as fotos desta xornada.

FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

Dende o CEIP Canosa-Rus queremos felicitarvos as festas con esta postal que foi a elexida no concurso de postais do cole para a felicitacoón de Nadal. Todas as postais foron feitas con moito cariño e son preciosas. A seleccionada é de Laura de 2º de EP.

"UN NADAL DE CINE" dende o CEIP Canosa-Rus

Estimadas familias:

Plantación de árbores en conmemoración do día dos dereitos humanos

En conmemoración do Día dos Dereitos Humanos ( 10 de decembro), o concello de Coristanco en colaboración co colexio,  levaremos a cabo unha actividade chamada " Arraigando os dereitos humanos". Esta actividade consistirá na plantación de dez árbores diferentes ( unha por aula) e cada árbore irá asociada a un dereito. É unha actividade simbólica para que o noso alumnadoe , a comunidade educativa e o cocello  sexan partícipes de tan importate día.

Baloncesto e xadrez

Este fin de semana os nenos/as do CEIP Canosa-Rus participaron en dúas actividades deportivas que se celebraron en Carballo e A Laracha.

RECOLLIDA DE ACEITE VEXETAL

Por segundo ano consecutivo o noso centro participou no concurso de recollida de aceite vexetal promovido pola empresa REAVE (recollidas de aceite vexetal).

É unha iniciativa moi boa para concienciar a nosa comunidade educativa, aos nosos  e nenas da importancia de coidar o medio ambiente. 

Pequebasquet

TrofeoO pasado sábado 17 de maio disputouse en Carballo unha xornada deportiva dedicada ao baloncesto. O pequebasquet reuníu a 468 nenos e nenas que acudiron desde diversos lugares de Galicia, entre eles estaban algúns nenos/as do CEIP Canosa-Rus, que formaban o equipo da ANPA do centro.

¡¡FOTOS DO ENTROIDO!!

Xa podedes ver na nosa web as fotos do Entroido. Sorriso

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL

¡Xa podedes nadar nas fotos de Nadal! Sorriso

Excursións e outras actividades curso 2010/2011

Neste documento atoparás moitas das actividades que se foron realizando durante o curso. Fai click aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut