Skip to Content

RESOLUCIÓN DO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS 2014

 

Este curso, o noso centro participou no concurso de curtas de animación "Nós tamén creamos", na categoría do 1º ciclo de Educación Primaria, co conto "NON QUERO SER UN POLBO" (interpretado á linguaxe de signos).

Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Hoxe, 20 de xuño, saiu a resolución do concurso, e somos os gañadores da nosa categoría! Noraboa aos rapaces e rapazas de 1º ciclo e as mestras participantes: Lucía, Laura, Pamela, Cris e contamos tamén coa colaboración de Susana.  A curta será emitida na televisión de Galicia próximamente.

PARA VER A RESOLUCIÓN, PICADE AQUÍ!

RESOLUCIÓN DO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS

PARA VER A CURTA, PICADE AQUÍ!

CEIP Canosa Rus "Non quero ser un polbo"



page | by Dr. Radut