Skip to Content

Animación á lectura

Materiais para entender e traballar o coronavirus co alumnado

Deixamos dous contos para poder traballar o coronavirus con nenos e nenas. Queremos agradecer a toda a xente que traballa para crear este tipo de materias tan necesarios nestes momentos. 

Premio Especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas

Vense de publicar os premiados no 2º CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ. Os nosos alumnos/as de 6º de Educación Primaria conseguiron o premio da seguinte categoría:

CONTO DE SAMAÍN !

Proxecto "Radio na biblio"

Ven de publicarse a  Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 17 de novembro de 2017, pola que se dá a coñecer a relación dos 20 centros que se integran no proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliote

XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes"

Artes escénicas para escolares no Concello de Coristanco

Dende o Concello de Coristanco organizaron un mes de artes escénicas para escolares, novembro, no que o nono centro  participará moi gustosamente . Os nosos/as rapaces/as disfrutarán de diferentes obras de teatro na Casa da Cultura do Concello. Este ano os autobuses son postos polo Concello, polo que estas saídas serán totalmente gratuítas. As datas son as seguintes:

Mércores 2 de novembro: 5º e 6º de Educación Infantil, coa obra " O día que chegou unha nube e choveu", ás 10:00h.

Participación no Teatro Lido do CEIP Canosa-Rus

Seis grupos de alumnos/as do cole, de 1º a 6º de EP, visitaron as semanas pasadas Radio Voz para participar no 16º Concurso de Teatro Lido Xosé Mauel Eirís , que organiza o Fiot en colaboración coa emisora carballesa. As gravacións serán subidas a nosa páxina web proximamente. Queremos felicitar ao noso alumnado pola súa participación nesta actividade. Nos seguintes enlaces podedes acceder as novas relacionadas con esta participación.

 

Venres 13 de maio , celebración do día das Letras Galegas no colexio!

O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos  para festexar o día das Letras Galegas  e facer o noso pequeno homenaxe  ao autor  Manuel María.

Se picades na seguinte fotografía, accederedes ao blogue da biblioteca escolar

" Leoteca en Rus" e podedes ver as actividades levadas a cabo.

Visita ao colexio do Mago Paco.

O mércores 18 de novembro temos a visita ao colexio do Mago Paco con dous espectáculos diferentes. 

A terceira hora disfrutarán con este espectáculo os nen@s de Educación Infantil , 1º e 2º de Educación Primaria e a 4º hora serán os rapac@s de 3º a 6º de Educación Primaria os que se sorpendan con este Mago. 

Final XV Concurso Escolar do Teatro Lido de Carballo

O Concello de Carballo e a Asociació Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro , comprácese a convidarnos á Gala da Final XV Cocurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" que terá lugar este domingo 8 de novembro ás 18:00horas no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Procura documental

Infografía que te guiará no proceso de procura de información durante o proceso de investigación.

Recollida de premios " Nós tamén creamos"

As nenas e nenos de 2º e 3º de Educació Primaria,  asistiron hoxe a entrega dos premios “Nós tamén creamos!”, que convoca a Consellería de Cultura e Educación coa colaboración da TVG e de OQOeditora.

O noso alumado gañou o   primeiro premio do Primeiro Ciclo de Primaria, coa curtametraxe "Non quero ser un polbo".

A Fundación Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios . 

Para ver os enlaces da noticia, pichade nas seguites imaxes!

Concurso na biblioteca

Comeza un concurso na biblioteca para as nenas e nenos de Educación Primaria, podedes consultar as bases e as diferentes imaxes de cada semana no blogue da biblioteca. Teredes que investigar e ler na biblioteca para atopar os libros agochados.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS 2014

 

Este curso, o noso centro participou no concurso de curtas de animación "Nós tamén creamos", na categoría do 1º ciclo de Educación Primaria, co conto "NON QUERO SER UN POLBO" (interpretado á linguaxe de signos).

Día do libro

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do libro, a empresa "Agarimos", que é a que ensina aos nosos alumnos/as o teatro aos mediodías ( actividade levada a cabo grazas á ANPA), representaron unha obra. Nesta ocasión os nenos/as eran de Educación Infantil e 1º ciclo de EP, en colaboración cunha rapaza do 3º ciclo de EP.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut