Skip to Content

XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes"

Por esta participación o  Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro, comprácese de convidarnos  xunto a todas/os as/os nenas/os participantes, que este ano foron arredor de 275, ao acto da Final  que terá lugar este domingo 5 de novembro ás 18.00 horas  no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Na final os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que ademais recibirán un diploma .

Moita sorte e lembrade que o importante é participar!



page | by Dr. Radut