Skip to Content

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO


O horario de atención ao público é o seguinte:

SECRETARÍA: Os luns de 15:30 a 16:10 e os xoves de 14:05 a 14:45.

XEFATURA: Os xoves de 14:55 a 15:35.

DIRECCIÓN: Os venres de 9:35 a 10:20. 

XEFATURA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: Os luns de 9:35 a 10:20 e os mércores de 11:55 a 12:45.

 

CEIP CANOSA-RUS, CORISTANCO

.

Benvidos ao espazo web do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.

LOCALIZACIÓN E TELÉFONOS DE CONTACTO

TELÉFONOS DE CONTACTO:

881 880 382 (Xeral)

881 880 380 (Departamento de Orientación)

881 880 383 (Sala de titoría)

881 880 381 (Dirección)

 https://goo.gl/maps/4WvG4EApFPLjrKv8A

Menú comedor maio

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

BECAS NEAE 2024-2025

Xa está publicada no BOE a Resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025 (BECAS NEAE). O prazo para solicitalas é dende o 30 de abril ata o 13 de setembro, ambos inclusive.

A solicitude debe cumprimentarse de forma telemática mediante o formulario accesible nas direccións www.educacionyfp.gob.eshttps://sede.educacion.gob.es .

 

Menú comedor abril

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

Admisión de alumnado. Curso: 2024-2025. Listaxes provisionais

Estimadas familias: Informamos que todo o alumnado que solicitou a admisión de praza no centro foi admitido na resolución provisional. Poden consultar as listaxes no taboleiro interior que hai na entrada do colexio. Un saúdo. O equipo directivo.

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Pincha na seguinte imaxe para obter información das avaliacións de diagnóstico 2023-2024.

CEIP de Laredo

ENQUISAS - EDUCACIÓN MATEMÁTICA NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º E 2º EP)

A investigación é fundamental para a innovación e para dar unha resposta educativa acorde ás necesidades actuais e reais. Por iso, dende o CEIP Canosa-Rus queremos colaborar co Traballo de Fin de Grao que está a desenvolver Fátima Cambre Lamas, estudante do Grao de Educación Primaria da Universidade da Coruña. O TFG trata sobre a Educación Matemática na etapa de Educación Primaria e para levar a cabo esta investigación está realizando unhas enquisas para os distintos colectivos da comunidade educativa.

A continuación podedes acceder ás enquisas (ANÓNIMAS) que ván destinadas ás familias, ao alumnado e aos docentes. Agradecemos de antemán a colaboración.

ENQUISA DOCENTES

ENQUISA FAMILIAS

 

 

 

Menú de comedor do mes de marzo

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

Admisión alumnado. Curso 2024-2025

Estimadas familias: Este mércores, 1 de marzo, empeza o prazo para xestionar o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025. Deixamos a información nos documentos adxuntos. O horario da secretaría será o seguinte:

 

 

Fóra de este horario non se poderá garantir a asistencia á hora de recoller ou cubrir os formularios.

 

Semana do MECO

Menú do mes de febreiro

Seguimos rodando país por país, desfrutando dos seus alimentos dende o noso comedor escolar. Que aproveite! 

Distribuir contido


by Dr. Radut