Artes escénicas para escolares no Concello de Coristanco

Dende o Concello de Coristanco organizaron un mes de artes escénicas para escolares, novembro, no que o nono centro  participará moi gustosamente . Os nosos/as rapaces/as disfrutarán de diferentes obras de teatro na Casa da Cultura do Concello. Este ano os autobuses son postos polo Concello, polo que estas saídas serán totalmente gratuítas. As datas son as seguintes:

Mércores 2 de novembro: 5º e 6º de Educación Infantil, coa obra " O día que chegou unha nube e choveu", ás 10:00h.

Menú de novembro

A continuación podedes consultar o menú de novembro e a recomendación dunha película que terá moito que ver co menú especial de fin de mes. 

Menú de fin de mes de outubro

Primeira parada: París! Picade no ficheiro adxunto para máis información.

Participación no Teatro Lido do CEIP Canosa-Rus

Seis grupos de alumnos/as do cole, de 1º a 6º de EP, visitaron as semanas pasadas Radio Voz para participar no 16º Concurso de Teatro Lido Xosé Mauel Eirís , que organiza o Fiot en colaboración coa emisora carballesa. As gravacións serán subidas a nosa páxina web proximamente. Queremos felicitar ao noso alumnado pola súa participación nesta actividade. Nos seguintes enlaces podedes acceder as novas relacionadas con esta participación.

 

Actividades varias neste mes de outubro: Asociación Íntegro e Asociación Vieiro.

O  xoves día 20 de outubro tivemos unha visita no centro para o alumnado de 6º de EP da Asocaión Íntegro coa campaña da prevención da lesión medular. Tres chicos contáronnos a súa experiencia na biblioteca do cole e despois os rapac@s puideron disfrutar con eles do deporte en cadeira de rodas probando a xogar ao baloncesto e a outros deportes. Agradecemos  a participación de Íntegro e de estes chicos no noso centro, foi unha xornada moi enriquecedora e divertida para o noso alumnado.

Cambio de números de teléfono no centro

Desde este mes de outubro o noso centro pasou a formar parte da rede telefónica de R.

Menús de setembro e outubro

Adxuntamos os menús de setembro e outubro do comedor escolar. Ao longo destas próximas semanas publicaremos o menú especial de fin de mes. Durate este curso continuaremos degustando un menú diferente cada día do final de mes, e  estes menús estarán relacionados co Proxecto Documental Integrado que ten por temática o cine. Esperamos que todo o noso alumnado disfrute moito deta nova proposta e que poidan enriquecer o seu gusto pola alimentación saudable.

COMEZO DO CURSO 2016-2017

Estimadas familias: 

O primeiro darvos a benvida a este novo curso escolar 2016-2017, que desexamos que sexa bo para todos/as.

Dende a dirección do centro gustaríanos  recordarvos algúns datos importantes:

O lus 12 de setembro comezan as clases. O horario deste día será de 9:30h a 12:30h. O servizo de transporte funcionará con normalidade. Este día non haberá comedor.

O inglés a través da música: "Seven years"

"Seven years", está é unha das cancións que preparon os nosos compañeiros Nico e Lucas de 6º de Primaria durante o curso 2015/2016 nas clases de inglés.

 


3:54 minutes (8.93 MB)

O inglés a través da música

Esta é a canción que preparou o noso compañeiro Nico de 6º de Primaria durante o curso 2015/2016. A nós encantounos, animámosvos a escoitalas e esperamos que tamén vos guste.

 

REPARTO DOS LIBRROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS: 3º A 6º DE EP

Os libros de texto do fondo de libros de 3º a 6º de EP entregaranse ás familias durante o luns día 5 de setembro, de 10:00h a 12:00h, nas aulas correspondentes.

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP

Están publicadas na conserxería do centro as listaxes definitivas de admitidos en fondo libros de 3º a 6º de educación primaria.

Lembramos que os vales dos libros de texto de 1º e 2º de EP e os de material de 1º a 6º de EP están dispoñibles na secretaría do centro para todos aqueles que non os recolleron.

Tamén están dispoñibles os historiais académicos de 6º de EP e os impresos de pagamento de comedor do mes de xuño. 

É importante recoller esta documentación o máis axiña posible.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP

Están publicadas na cristalera do centro as listaxes provisionais de admitidos en fondo libros de 3º a 6º de educación primaria.

Prazo de reclamación: 2 días ( venres 8 e luns 13 de xullo).

As listaxes de admitidos definitivos publicaranse al longo da próxima semana e os libros repartiranse en setembro, antes do comezo das clases. Seredes informados pola páxina web das datas de recollida .

HISTORIAIS ACADÉMICOS DE SEXTO DE EP

A partir de hoxe están dispoñibles no centro os historias académicos de 6º de EP.

Podedes pasar a buscalos dende hoxe ata o mércores 13 de xuño, en horario de 9:30h a 14:00h.

 

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Adxúntase a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2016-2017

 

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES