Festival dos soñadores, 6 de xuño no Pazo de Cultura de Carballo.

O próximo martes 6 de xuño celebrarase no pazo da Cultura de Carballo o "Festival dos soñadores" do noso producto final do PDI " De espectadores a protagonistas".Podedes ver toda a información se picades nas seguintes imaxes. Gustaríanos agradecer a colaboración dos centros que participaron e ao noso alumnado que son os principais protagonistas de toda esta historia.Tamén agradecer ao Pazo de Cultura de Carballo a súa colaboración.En nome do noso alumnado esperamos que a disfrutedes moito!

Menú de xuño

Adxuntamos o último menú especial deste curso, relacionado co PDI " De espectadores a protagonistas", o menú de xuño e unhas recomendacións . Esperamos que os nenos/as disfrutaran este ano cos menús das nosas cociñeiras que tan ben nos tratan. Moitas grazas !

Campeonato provincial de xadrez sábado 13 de maio

Seis dos nosos alumnos/as de 3º e 4º de EP forman un equipo de xadrez e gañaron o campeonato intercomarcal de Xogade , polo que mañá , sábado 13 de maio, xogarán no torneo Xogade, o campeonato provincial.

A cita será na Sociedade Liceo recreo de Noia e xogarán con equipos da altura de Rianxo, Ribeira, Santiago e Noia. Moita sorte e a disfrutar moito do torneo!

 

Listaxe definitivo de alumnado admitido para o curso 2017-2018

Publicación da listaxe definitiva de alumnos/as admitidos/as para o curso 2017- 2018.

Prazo de formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño de 2017.

Menú de maio

A continuación enlazamos o menú de película do último día do mes de abril , o menú de maio e tamén  a información sobre o Festival de Cans que vai no dorso do menú de maio. 

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2017-2018

Adxuntamos a listaxe provisional  de alumnado admitido para o curso 2017-2018

A dirección

Exposición itinerante sobre o megalitismo.

Do 20 ao 28 de abril permanecerá no noso centro unha exposición itinerante sobre  o megalitismo ( As  antas da Costa da Morte), realizada por algúns dos membros do Seminario de Estudos Comarcais , de Vimianzo. Algúns destes monumentos , serán visitados polo alumnado de 6º nunha  excursión conxunta co alumnado do CEIP BORMOIO-AGUALADA.

Se estades interesados en visitar esta exposición, podedes facelo  de 13: 00h a 14:00h ,do 20 ao 28 de abril.

 

Os alumnos/as de 6º de EP disfrutaron coa Primavera en danza

Onte os alumnos/as de 6º de EP tiveron unha visita moi especial, a compañía "Las Tricotouses". Puideron disfrutar dun taller de danza a través das emocións  da man de dúas profesionais desta disciplina. Os nenos e nenas quedaron encantados con esta actividade. Gustaríanos agradecer a esta compañía a súa visita ao noso centro. Para máis información picade na seguinte imaxe.

Vacacións de Semana Santa

As vacación de Semana Santa comprenden dende o luns día 10 de abril ata o luns día 17 de abril ,ambos días incluídos. Boas vacacións  a todas e todos.

Menú de abril

Nos seguintes enlaces podedes atopar o menú do mes de abril e unha carta de recomendacións para as familias.

 

Obra do ascensor rematada

A obra do ascensor do centro, que foi solicitada pola dirección do colexio o curso pasado e aprobada pola Xefatura Territorial da Xunta de Galicia, rematou no mes de xaneiro.

Menú de cine do mes de marzo

O vindeiro venres 31 teremos un menú moi especial que está relacionado con diferentes películas infantís. Este menú aparece nun libro que está en Leoteca. Esperemos que atopedes que libro é para poder aprender moitas recetas de película elaboradas por un chef moi importante.

 

XADREZ: Torneo Xogade de Laracha

Comprácenos dende o CEIP Canosa-Rus felicitar ao grupo de xadrez que participou no Torneo Xogade de Laracha.Estos alumnos/as de educación primaria conseguiron ser o equipo gañador deste Torneo polo que lles damos a noraboa e animamos a todos os nenos /as a xogar ao xadrez.

Este Torneo celebrouse con outos equipos: o Xiria, CEIP Bergantiños, CEIP Val do Dubra, O Laracha e O Arteixo. Noraboa tamén de parte do CEIP Canosa-Rus a todos os participantes.

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES