O CEIP Canosa-Rus está de noraboa.

A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e este centro foi o gañador na modalidade de infantil. O noso proxecto "Sementando a igualdade no rural" convenceu ao xurado pola implicación de toda a comunidade educativa e doutras entidades da contorna.

Entroido 2016

Gustaríanos agradecer un ano mais ás familias do CEIP Canosa-Rus a súa participación no Entroido 2016 que tivo lugar no centro o pasado venres 5 de febreiro. Os produtos típicos que degustamos estanan boísimos e as nenas e nenos o disfrutaron moito. Agradecer aos alumnos e alumnas de 6º de EP a súa actuación de Acrosport inspirada nos dinosauros. O bo tempo acompañounos durante toda a xorndana e puidemos saír ao pasarrúas.

Procedemento de admisión 2016-17

Se informa do inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Podedes consultar toda a información na páxina web da Xunta.

ARTE CON ROBERTA VENANZI

Os pasados días 26 e 27 de xaneiro,as nenas e nenos do CEIP Canosa Rus foron un pouquiño máis artistas se se pode.

FESTIVAL DE NADAL " DINSONS"

As clases retomaranse o xoves 7 de xaneiro .

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE PARTE  DO EQUIPO DE MESTR@S DO CEIP CANOSA-RUS !

Premio para o PDI "Rus entre planetas"

"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho 
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.

Plan Proxecta:Aliméntate ben.Pequenos cociñeir@s.

Este ano participamos no Plan Proxecta Aliménte ben. Este Plan ten como obxectivo principal fomentar nos nenos/as uns hábitos de alimentación saudable a través  do comedor escolar e de diferentes actividades realizadas nas titorías. 

Como primeira iniciativa solicitamos ás familias e aos mestres que quen quixera e puidese , enviara unha cabaza da súa propia horta. Xuntamos moitas cabazas.Grazas, familias!

Cartel "DinosauRus"

Cartel de "DinosauRus" que vos axudará a atopar información sobre o proxecto, para realizar a procura documental durante o desenvolvemento do período de investigación.

 

Información sobre a LOMCE

No seguinte enlace podedes acceder a toda a información sobre a LOMCE que está publicada na páxina web da Consellería de Educación.

Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES