Skip to Content

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO

Estimadas familias: Dende a ANPA e en colaboración co colexo, comezará mañá unha campaña de recollida de roupa e calzado, para o cal solicitamos a vosa colaboración. 

O prazo de recollida será dende o 21/05/2021 ata o 31/05/2021, ambos incluidos.

Por motivos do COVID-19, e co fin de evitar aglomeracións na entrega de roupa habilitánse uns horarios para poder facer as entregas que serán: De 09:45 horas a 12:00 horas.

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

Todo o alumnado, tanto de infantil como de primaria,  que presentaron solictude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022 están ADMITIDOS/AS nas listaxes DEFINITIVAS. As listaxes están colgadas na conserxería do centro a vosa disposición. Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono do centro e atenderásevos telefonicamente.

CHARLA SOBRE A IGUALDADE COA ANPA

Estimadas familias:

Dende a ANPA do cole queren informarvos de que o vindeiro 20 de maio de 2021, ás 19:30 h da tarde e de modo virtual, terá lugar unha charla que farán en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, e que está enmarcada dentro do programa " A voz da igualdade". Tedes toda a información na circular que podedes ler a continuación. Animádevos a participar!

MENÚ DE MAIO DE 2021

Xuntamos o menú do mes de maio. Este mes temos varios días sin clase, o venres 14 de maio , por ser uns dos días non lectivos elixidos polo centro e o luns 17 de maio por ser o día das letras galegas. Tamén teremos dous menús especiais, o venres 21, xa que festexaremos o día das letras galegas no cole e o venres 28, que será o menú especial de fin de mes. Dende o equipo de cociña desexamos que sigades desfrutando moito connosco!

A Xunta abre o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, que se poderá cubrir desde mañá ata o 29 de abril

A Xunta de Galicia lanza hoxe o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega,

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE CORISTANCO E A ASOCIACIÓN VIEIRO PARA OS PAIS E NAIS.

Estimadas familias:

Dende o Concello de Coristanco enviáronnos esta información para pais e nais moi interesante:

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE CORISTANCO PARA O NOSO ALUMNADO

Estimadas familias:

MENÚ DE ABRIL DE 2021

Xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa! Aquí deixamos o menú do mes de abril. Este será o derradeiro mes no que o menú especial de fin de mes estea relacionado co PDI Amar o mar. Desexamos que os nenos e nenas desfrutasen moito das degustacións mariñas. 

PRÓRROGA DA VIXENCIA DOS LIBROS DE TEXTO

Á finalización deste curso académico estaba previsto que se producise o cambio nos libros de texto de 4º e 6º de Educación Primaria para o vindeiro curso.

Debido á aprobación da LOMLOE e o posterior desenvolvemento curricular desta (pendente de elaboración), a Xunta de Galicia comunica que este ano prorrogará a vixencia dos libros de texto destes cursos

MENÚ DE MARZO 2021

Xuntamos o menú de marzo e uns consellos saudables para este mes de marzo no que está a piques de comezar a primavera.

MENÚ ESPECIAL FIN DE MES: FEBREIRO

Aquí vos presentamos o menú especial de fin de mes! Seguimos relacionando os nosos menús co PDI Amar o mar 2.0. para poder  probar sabores novos do mar. Esperamos que a nosa rapazada desfrute moito deste menú!

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Informámoslles que do 1 ao 22 de marzo do 2021 pode presentarse no centro a solicitude de admisión e a documentación precisa para os alumnos/as que se i

ENTROIDO NA CASA COA NOSA ANPA

Estimadas familias:

Xuntamos o vídeo que elaborou a directiva da ANPA coas fotos que enviastes. Dende o colexio gustaríanos agradecer a colaboración das familias e tamén queremos enviar un especial  agradecemento á ANPA e a súa presidenta por todo o que fai polo noso cole e polas nosas nenas e nenos. GRACIAS! Esperemos que desfrutedes do vídeo. Para velo picade na seguinte imaxe. 

AXUDAS DE ESTUDOS PARA 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. CONCELLO DE CARBALLO.

Dende o Concello de Carballo veñen de comunicarnos a “Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil”.

LIP DUB DO CEIP CANOSA-RUS

Estimadas familias:

Xa tedes a vosa disposición no blogue de  Leoteca en Rus o resultado das actividades do día de hoxe no cole. Estamos moi orgullosos/as do noso alumnado e da súa tan boa resposta á adaptación á situación actual. GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP CANOSA-RUS. FELICES DÍAS DE ENTROIDO DE PARTE DE TODO O PROFESORADO! Para ver o vídeo , picade a continuación. 

Distribuir contido


by Dr. Radut