Skip to Content

PRÓRROGA DA VIXENCIA DOS LIBROS DE TEXTO

Á finalización deste curso académico estaba previsto que se producise o cambio nos libros de texto de 4º e 6º de Educación Primaria para o vindeiro curso.

Debido á aprobación da LOMLOE e o posterior desenvolvemento curricular desta (pendente de elaboración), a Xunta de Galicia comunica que este ano prorrogará a vixencia dos libros de texto destes cursos

(4º e 6º de Primaria).Lembramos que os libros de 3º e 5º de Educación Primaria, xa foron foron renovados neste curso, polo que continúa a súa vixencia no curso que vén.

En definitiva, este ano todos os cursos de 3º a 6º de EP que pertenzan ao fondo libros, teñen que devolvelos como se vén facendo en cursos anteriores.

Podedes consultar a información no seguinte enlace:

A Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO para evitar un gasto extraordinario nas familias



page | by Dr. Radut