Listaxe definitivo de alumnado admitido para o curso 2018-2019

Publicación da listaxe definitiva de alumnos/as admitidos/as para o curso 2018- 2019.

Prazo de formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño de 2018.

Menú de maio

Adxuntamos o menú de maio e o cuadernillo deste mes que trata sobre unha lenda africana, "Lenda do Baobab". Que aproveite!

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2018/2019

Adxuntamos a publicación provisional do alumnado admitido para o curso 2018-2019 no seguinte archivo.

Información sobre os días de vacacións

Estimadas familias:

Hoxe,venres 23 de marzo comezan as vacacións de Semana Santa. Retomaremos as clases o martes día 3 de abril de 2018. Aproveitamos esta ocasión para informarvos dos días non lectivos durante o terceiro trimestre:

30 de abril,luns - Día non lectivo.

1 de maio,martes - Festivo .

17 de maio, xoves – Festivo, Letras Galegas.

Menú de abril

Adxuntamos o menú de abril e o cuadernillo que nesta ocasión ten unha lenda de orixe mexicana que nos explica como chegou o millo a un pobo dunha parte de México. Esperamos que disfrutedes e sigades investigando  moito sobre as lendas de todas as partes do mundo!

Menú especial de marzo

Adxuntamos o menú de fin de mes de marzo que está inspirado na India, pola figura mitolóxica Ganesha.Podesde atopar no cuadernillo de marzo a súa historia. Esperemos que disfrutedes deste menú "Lendario".

Resultat d'imatges de ganesha

 

Prazo de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ao 20 de marzo de 2018.

Menú de marzo

Nos seguintes enlaces podedes consultar o menú de marzo e curiosidades sobre a mitoloxía hindú. O menú especial de final demarzo será un plato típico da India.

Menú especial de fin de mes :Asturias

Este mes traballamos no comedor a mitoloxía asturiana a través da personaxe mitolóxica Nuberu. Por este motivo o menú de hoxe é típico de Asturias. O podeds consultar picando aquí.

Resultat d'imatges de nuberu

Actividades no colexio: "Sobre rodas" e Íntegro

Esta semana os nenos e nenas están disfrutando de diferentes activiades no centro. O luns , para 3º e 4º de EP houbo a actividade "sobre rodas" do concello de Carballo nas horas de educación física. Puideron aproveitar un circuito  e probar a circular polo mesmo en bicis.

Entroido "Lendario" o 9 de febreiro

Este venres 9 de febreiro do 2018, celebrarase o entroido no Ceip Canosa-Rus. Este día a xornada será reducida, de 9:30 a 12:30.

 

Lembrade que as familias podedes colaborar coa degustación de produtos típicos de entroido .Podedes deixar os produtos no comedor do colexio a partir das 9:15 h da mañá.

Menú especial de xaneiro

Hoxe día 31 de xaneiro teremos no comedor o menú especial de LENDARIO e pararemos en...Grecia, lemrades por que?

A quí tedes o menú de hoxe,moi bo proveiro!

FELICES FESTAS DENDE O CEIP CANOSA-RUS

Dende o CEIP Canosa-Rus levouse a cabo un concurso de postais de Nadal. Queremos darlle  a noraboa a todo o alumnado participante. Houbo varias postais premiadas, pero a postal gañadora foi a de Paula de 5º de EP e é a que enviaremos as vosas casas para felicitarvos as fetas. Desexamos que teñades un gran ano! Vémonos o luns 8 de febrero de 2018.

FESTIVAL "AS MIL E UNHA LENDAS"

Como xa sabedes dende Leoteca estamos levando a cabo o PDI LENDARIO. Por este motivo este ano o noso festival de Nadal está relacionado con contos, lendas, mitos, a nosa cultura e outras temáticas. O festival será o próximo xoves no IES Alfrado Brañas de Carballo, ás 10:00h da mañá. Os nenos/as virán ao colexio en trasporte habitual ás 9:30h e sairan do colexio para as casas ás 12:30 horas. Este día xa non hai comedor escolar xa que a xornada será reducida. Ao instituto irán en autobuses cas mestras/es.

Menú de fin de mes, paramos en Irlanda

O último día de novembro no comedor escolar desfrutaremos dun menú típico irlandés, en relación coa lenda de Breogán e a conquista de Irlanda, que dende o comedor incluímos no Proxecto Documental Integrado "Lendario" do colexio.

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES