Votacións para o Consello Escolar : luns 26 de novembro

O luns 26 de novembro celebraranse as votacións para as eleccións dos distintos sectores do Consello Escolar do colexio. 

Sector de persoal non docente: 11:20h na sala de mestr@s.

Sector docente: 13:00h na sala de mestr@s.

Sector de nais e pais: De 15:30h a 18:00h na biblioteca do centro.

Menú de novembro 2018

Adxuntamos o menú do mes de novembro xunto con un texto intersantes sobre o PDI conCIENCIAte ; este texto trata sobre unha das científicas máis famosas de todos os tempos...quen será?

Ademais adxuntamos o menú especial relacionado co PDI que comimos o pasado día 31 de outubro.

Menú outubro 2018

Adxuntamos o menú do mes de outubro e unha introdución ao noso novo PDI ( Proxecto Documental Integrado) que trata sobre científic@s e inventos. Que novos menús de fin de mes teremos este curso?Preparádevos para disfrutar moito aprendendo e degustando menús de novos lugares. Comezamos a aventura!

Reunión inicial de primaria: luns 24

O próximo luns 24 de setembro terán lugar no colexio as diferentes reunións iniciais de 1º a 6º de Educación Primaria c@s titor@s. Ás 16:00h seredes avisad@s na entrada para subir ás aulas. 

Menú de setembro 2018

Adxuntamos o menú do mes de setembro e recordamos as normas do comedor. Dende o equipo de cociña desexamos que todos e todas teñades un bo comezo de curso!

COMEZO DO CURSO 2018/2019

As clases comezarán o día 12 de setembro. Este día a xornada será reducida, de 9:30h a 12:30 h, sen comedor e con transporte.

O día 13  a xornada xa será  a habital en setembro, de 9:30h a 14:30h e o comedor de 14:30h a 15:30h. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP E DATA DE RECOLLIDA DOS MESMOS

Con data de 18 de xullo quedan expostas as listas definitivas de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto de 3º, 4º , 5º e 6º de Educación Primaria na cristaleira do centro.

A data de recollida dos libros de texto deste Fondo Solidario é o xoves 6 de setembro de 10:00h a 12:00h nas aulas correspondentes ás titorías.

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Adxuntamos a listaxe dos libros de texto de Educación Primaria para o curso 2018-2019.

En Educación Infantil non se empregarán libros de texto para o vindeiro curso.

Vales para os libros de texto e cheques de material. Fondo libros.

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales para os libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, os cheques de material de 1º a 6º de Educación Primaria.

Tamén están dispoñibles no corcho da conxersería as listaxes provisionais da adxudicación de libros de fondo libros de 3º a 6º de Educación Primaria. As listaxes definitivas sairán nos próximos días sempre antes do 20 de xullo.

Os libros repartiranse en setembro antes de comezar as clases nas titorías. 

Historiais académicos 6º EP e impresos de pago de comedor escolar

A partir do mércores  4 de xullo pódese pasar a recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS DO ALUMNADO DE 6º DE EP.

O horario de atención ao público é de 11:00 a 13:00h na secretaría do centro.

A data límite para a recollida desta documentación é o xoves 12 de xullo.

Informamos de que xa están dispoñibles os impresos de pago do comedor correspondentes ao mes de xuño de 2018.

Impresos de pago do comedor do mes de xuño

Os impresos de pago do comedor do mes de xuño para os usuarios con importe poderán pasar a reollerse polo centro a partir do día 5 de xullo.  Podedes entregar os xustificantes de pago  no cole ata o día 13 de xullo.

 

Despedimos o PDI LENDARIO coas familias.

O xoves 31 de maio  foi unha xornada de festa no colexio. Despedimos o PDI LENDARIO coa visita das familias a un mundo máxico de imaxinación e fantasía. Agradecemos a participación tan positiva de familiares e amigos/as e desexamos que o produto final fose do voso agrado.

Menú de xuño

Adxuntamos o último menú deste curso escolar 2017-2018 e un cuadernillo de agradecemento. O comedor rematará o mércores 20 de xuño  .

Aproveitamos para recordarvos que as clases rematarán  o xoves 21 de xuño, con xornada reducida, de 9:30 h a 12:30 h, sen comedor e con transporte habitual. Este día teremos a festa de fin de curso organizada en colaboración coa ANPA do colexio de 10:00h a 12:00h. Esperamos a vosa asistencia para despedir o curso un ano máis.

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES