Skip to Content

Menú do mes de febreiro

Seguimos rodando país por país, desfrutando dos seus alimentos dende o noso comedor escolar. Que aproveite! 

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (IES Isidro Parga Pondal)

 

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no IES Isidro Parga Pondal.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación http:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Menú do comedor para o mes de xaneiro

Continua a nosa viaxe polo mundo e con el os nosos menus mensuais. Que aproveite! 

BOAS FESTAS

 

 

Dende o CEIP Canosa Rus desexamos que teñades unhas boas festas. 

Menú de novembro

A nosa viaxe xa comezou e o noso menú para o mes de novembro tamén. Que aproveite! 

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres 13 de outubro de 2023 non haberá clases ao estar aprobado como día non lectivo.

 

Menú outubro

O outono xa chegou e o noso menú para o mes de outubro tamén. Que aproveite! 

Menú de setembro

Estimadas familias: o luns comezamos as clases e ponse en marcha o servizo de comedor deste novo curso con moita ilusión e alegría por volver ao cole. Deixamos o menú de setembro no adxunto. Un saúdo. 

Reparto de libros 2023-2024

Estimadas familias: O reparto de libros de préstamo do programa Fondibros para o alumnado beneficiario dos mesmos realizarase no patio cuberto dianteiro o xoves, 7 de setembro en horario de 11:00 a 13:00. Un saúdo. O equipo directivo. 

Requisitos para colaborar no comedor escolar. Curso 2023-2024

Estimadas familias: Os requisitos necesarios para tramitar as solicitudes para colaboración no comedor para o curso 2023-2024 son os que figuran detallados a continuación. Un saúdo. O equipo directivo.

1.Solicitude de colaboración cuberta e asinada.

2.Carnet de manipulador de alimentos en vigor.

3.Certificado actualizado de delitos sexuais e de seres humanos.

4.Certificación bancaria que acredite ser titular dunha conta e datos da mesma.

5.Dispoñer dunha conta de correo electrónico.

6.Fotocopia do DNI en vigor.

 

Resolución provisional Fondolibros e Axudas para libros e material

Estimadas familias: Xa está publicada, no taboleiro interior do centro, a listaxe provisional de Fondolibros e Axudas para libros e material para o curso 2023-2024. Podedes pasar a consultala no colexio en horario de atención ao público. A continuación figura detallado o calendario referente ao programa. Un saúdo. O equipo directivo. 

- Mércores, 5 de xullo: Publicación de listaxes provisionais

- Xoves, 6 e Venres, 7 de xullo: Días de reclamación ás listaxes provisionais.

- Luns, 10 de xullo: Publicación da listaxe definitiva.

- Entrega de libros: Mes de setembro.

- Do 10 ao 13 de xullo, recollida dos vales de materiais e axudas libros en horario de atención ao público.

 

 

Solicitude de comedor para o curso 2023-2024

Estimadas familias: Na tarde de hoxe saíu publicada a Instrución 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024. Nos arquivos adxuntos deixamos o documento completo e o modelo de solicitude.

Podedes entregar no centro a solicitude e o Modelo de Autodeclaración e Especificacións cubertos, en horario de atención ao público. Por favor, cubride os documentos con letras maiúsculas e con tinta azul e lembrade que é imprescindible que figuren todas as sinaturas necesarias en cada unha das solicitudes para poder ser tramitadas. Un saúdo. O equipo directivo. 

- Páxinas 48, 49, 50 da Instrución: Modelo de Autodeclaración e Especificacións.

Circular de transporte 2023-2024

Estimadas familias: Achegamos a circular de planificación para o curso 2023-2024 sobre a xestión do transporte escolar, aclaratoria da Instrución 1/2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2023-2024. Un saúdo. O equipo directivo.  

Ordes de Avaliación

Estimadas familias: Deixamos no adxunto a Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que establecen a ordenación e o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Un saúdo. O equipo directivo. 

Impresos de comedor - Mes de Xuño

Estimadas familias: Xa están dispoñibles os impresos de pago de comedor do mes de xuño para efectuar o abono correspondente e entregar o comprobante de pago no centro. Podedes pasar a recollelos a semana que vén. O horario de atención ao público durante a semana do 26 ao 30 de xuño é de luns a xoves de 9:30 a 12:00 e o venres (día 30) de 11:00 a 12:00.

Aproveitamos para comunicar que, de momento, non saíu publicada a Instrución de comedor para o curso 2023-2024 para poder trasmitar a solicitude. Cando saia a instrución publicaremos o documento na web do centro e tamén o modelo de solicitude a cubrir. Un saúdo. O equipo directivo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut