You are hereDinamización Lingua Galega

Dinamización Lingua Galega


Venres 13 de maio , celebración do día das Letras Galegas no colexio!

O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos  para festexar o día das Letras Galegas  e facer o noso pequeno homenaxe  ao autor  Manuel María.

Se picades na seguinte fotografía, accederedes ao blogue da biblioteca escolar

" Leoteca en Rus" e podedes ver as actividades levadas a cabo.

Recomendacións de lecturas para o verán

Os EDLG do CEIP Bormoio-Agualada e o CEIP Canosa-Rus recomendan ler en galego durante o verán, para iso ofrecen varias lecturas adaptadas ás idades dos nenos/as. Se picades nas imaxes accederedes ao documento completo.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO NÓS TAMÉN CREAMOS 2014

 

Este curso, o noso centro participou no concurso de curtas de animación "Nós tamén creamos", na categoría do 1º ciclo de Educación Primaria, co conto "NON QUERO SER UN POLBO" (interpretado á linguaxe de signos).

Proxecto Fíos de prata

Coma parte do Proxecto transversal "Fíos de prata" presentámovos este vídeo elaborado desde o centro, e promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, referido aos muíños.

XIII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO " XOSÉ MANUEL EIRÍS"

Un ano máis os nosos alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria participaron no concurso de teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Os 5 grupos participantes foron a Radio Voz no mes de outubro a ler as súas interpretacións.Todos e todas o fixeron realmente ben.

Certame artístico-literario das Letras Galegas

Ola!

Outro ano máis participamos no Certame artístico-literario das Letras Galegas do Concello de Coristanco. O pasado xoves 6 de xuño celebrouse a entraga de premios no Edificio de Usos Múltiples de Coristanco. "La Voz de Galicia" publicou unha noticia o venres 7 de xuño sobre esta entraga.Moitas grazas a todos e todas os  alumnos/as por participar.

Proxecto Nós tamén creamos!

Ola este curso o 2º ciclo de E.P. foi admitido no proxecto da edición 2013 de Nós tamén creamos!, que é unha actividade para a promoción da lingua galega. A iniciativa está compartida pola Secretaría Xeralde Política Lingüística, a Dirección Xeral de Educación, FP e innovación educativa e a editorial OQO, e consiste en crear unha curtametraxe animada co alumnado dalgún dos libros seleccionados da Editorial OQO, nós eleximos o conto A NOITA DAS MUDANZAS, escrito por Pep Bruno e ilustrado por Lucie Müllerová.

Cadernos de fraseoloxía Galega 13

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega informámosvos que, o vocabulario recollido os anos anteriores polos nenos e nenas foi publicado nunha das mellores revistas de España en termos de fraseoloxía: a revista "Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13"; coma, tamén no programa da televisión de Galicia "Ben Falado" co título de "

Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

 

vente vindo

O sabor da aventura no mar

 

BLOGUES