Skip to Content

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 17 DE MAIO DE 2020!

 Ola familias:

Sabedes que día é hoxe? 17 de maio! O día das Letras Galegas! Feliz día a toda a comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus.

Para festexar este día o noso alumnado leva semanas traballando en creación propias: debuxos, banda deseñada, contos, poesías, etc. E tamén fixeron algunhas caricaturas sobre o autor homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero.

No blog “Vente Vindo” que como xa sabedes é o noso blog do cole adicado a dinamización da lingua galega, podedes atopar algunhas das creación do alumnado. Ao longo destes días iremos publicando máis contos, poesías, etc e tamén un vídeo, estade moi atentos/as!

Polo momento podedes acceder  ao blog para ver os traballos que xa están colgados  :

Blog “Vente Vindo”

Disfrutade moito deste día en familia! Pronto estaremos todos xuntos/as festexando  no cole. Unha vez máis queremos dar as gracias ás familias polo gran esforzo que estades a facer: GRACIAS!

Unha aperta enorme de parte de todo o claustro de mestres/as do CEIP Canosa-Rus.

 



page | by Dr. Radut