You are herecontent / XIII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO " XOSÉ MANUEL EIRÍS"

XIII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO " XOSÉ MANUEL EIRÍS"


By admin - Posted on 04 Novembro 2013

Un ano máis os nosos alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria participaron no concurso de teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Os 5 grupos participantes foron a Radio Voz no mes de outubro a ler as súas interpretacións.Todos e todas o fixeron realmente ben.

O grupo A esmorga ( alumnos/as de  3º de educación primaria)  coa obra " Nin ouro, nin prata, nin rabo de gata", chegaron a final, que celebrouse o pasado domingo, 3 de novembro de 2013, no auditorio do Pazo de Cultura de Carballo.

Na final , cada grupo volveu a ler a súa obra en directo, e o acto foi presentado e amenizado pola compañía de clown "Os 7 magníficos máis 1".

O grupo A Esmorga, cunha gran actuación por parte dos nenos/as: José, Minerva, Nerea, Adrián, Alejandro,Andrea, Pablo e Jacobo, quedaron  en tercer posto.

Felicitamos a todos os alumnos/as e os mestres/as que participaron nesta convocatoria do Teatro Lido, xa que coma sempre é unha experiencia moi positiva para todos/as.

Para ver as fotos do acto, ver galería de fotos.

Para ver o enlace á noticia do periódico sobre o tema, pincha aquí:

 

La fiesta del Teatro Lido llenó el Pazo da Cultura

 

 

 

Eventos

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar