Skip to Content

3,2,1...ENTROIDO

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole un entroido de cine con diferentes actividades. 5º e 6º de EP mostraron ao resto do alumnado as súas habilidades en acrosport. Despois cada clase luciu os seus disfraces relacionados co cine nun pasarrúas que levouse a cabo coa colaboración de Protección Civil e a Policicía Local de Coristanco. Non faltou a degustación dos produtos típicos e a chocolatada da que puidemos disfrutar cas familias e este ano tivemos un photocal de cine moi divertido. Proximamente teremos na galería de imaxes as fotos desta xornada. Gustaríanos agradecer a colaboración das familias nesta xornada na preparación da degustación, coma sempre un pracer contar con todos/as vós, moitas gracias!

                     

                    



page | by Dr. Radut