Estimadas familias: Esta semana iniciamos a distribución de leite correspondente á convocatoria do Fondo Galego de Garantía Agraria a través da cal se regula o procedemento para a concesión de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares durante o curso 2021-2022.
O noso centro foi un dos seleccionados para realizar a distribución e este luns, día 24 de xaneiro iniciamos o reparto do primeiro período de distribución de leite líquido de consumo.
A distribución de leite realizarase durante dous períodos de 20 días lectivos cada un deles.
A distribución de froitas frescas realizarase durante dous períodos de 10 días lectivos cada un deles.
O inicio do primeiro período de distribución de froitas frescas será o vindeiro luns, 31 de xaneiro.
Poderán tomar a froita todo o alumnado do centro.
Un saúdo.
O equipo directivo.