Campo a Través

O xoves, día 27 de novembro, participamos na 1ª proba de Campo a Través, celebrada como todos os anos no Puzo do Lago en Maside.

As clasificacións son as seguintes:

Para ver máis fotos premer na LIGAZÓN

Día contra a Violencia de Xénero

Cada día 25 de novembro ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de concienciar e erradicar este grave problema que unha lacra para a sociedade.

No cole, hoxe, todos levamos un lazo violeta para recordar este día, e fixemos varios traballos que expuxemos na entrada do cole.

 

Renovación do Consello Escolar: Sector pais/nais

Dentro do proceso de Renovación do Consello Escolar dos centros de ensino, celebramos onte, día 24 de novembro, a votación do sector de pais. Dos tres candidatos que se presentaron, saíron elexidos:

  • Mª Elvira Santiago Janeiro.
  • Benito José Banga Rodríguez.

Noraboa e benvidos a formar parte do novo Consello Escolar.

Magosto 2014

O martes 11 de novembro pola tarde, celebramos o Magosto no Centro, con festas en cada titoría, e degustación de castañas asadas.

Durante a semana anterior, cada aula elaborou murais alusivos ao tema, que formaron parte dunha exposición, da cal podedes ver os traballos orixinais que se presentaron.

 

Distribuir contido