O día 10 de marzodeu comezo a actividade " As familias contan" que implica a participación das familias para a lectura de contos na aula de infantil. Esta iniciativa resultou ser un éxito e contou cunha gran acollida por parte de todos e todas.
Para celebrar o Día de Rosalía, dous alumnos de 5º acompañados da súa titora Irene, acudiron ao " Recuncho da lingua" en Radio Estrada con un poema musicado. Clica na imaxe para escoitalo. A nosa intervención está entre o minuto 16 e 24 aproximadamente.
Un dos produtos finais do primeiro trimestre foi esta bolsa coa imaxe do rei león que temos na aula de música, creada polo alumnado de 5º. Durante esta últimsa semana, todo o alumnado do centro puido pintar a súa propia bolsa para poder levar como agasallo.
ESTE TRABALLO FOI REALIZADO POR JAMILA E PAULA DE 6º, XUNTO CO ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA. A MÚSICA ESTÁ INTERPRETADA POLOS ALUMANOS DE 6º ACOMPAÑADOS AO CLARINETE POLA SÚA MESTRA DE MÚSICA IRENE.
Así transcorreu a semana de Entroido no CEIP Cabada Vázquez. O tótem que adorna a nosa entrada foi o encargado de indicar os mandados de Entroido este ano.
O xoves 22 de febreiro tivo lugar no Teatro Principal un acto organizado polo Departamento de Cultura do Concello de A Estrada co fin de conmmemorar o Día de Rosalía de Castro. Paula (6º EP) e Xián (3ºEP) participaron neste acto recitando dous poemas de Rosalía de Castro "Cando penso que te fuches" e "Cando era tempo de inverno".
Deixámosvos aquí un vídeo onde poderedes velos.
Neste acto tamén se fixo público o vídeo do poema "O pelouro que roda" de Rosalía de Castro, versionado pola Banda da Loba e no que participou o noso alumnado xunto con outros centros educativos.
Un ano máis reivindicamos a eliminación da violencia contra as mulleres, para o cal desenvolvemos distintas actividades no centro, entre elas unha na que participou toda a comunidade educativa e na que tivemos unha colaboración moi especial que queremos compartir con vós.
A igualdade conséguese educando no respecto, a tolerancia, a empatía e o amor!
Esta semana deu comezo a conmemoración das Letras no noso centro. O alumnado de primaria asistíu á proposta, no Teatro Principal da Estrada, da editorial Galaxia para que o alumnado coñecese mellor a figura de Luísa Villalta.
A imaxe - collage na entrada do noso cole foi feita por mestras do centro coa colaboración do alumnado.
Na próxima semana contaremos cun grupo de música tradicional que nos acompañará parte da sesión do xoves 16 e logo, todo o centro participará nunha "Busca do tesouro" mediante xogos colaborativos creados polo profesorado do cole, onde os grupos estarán integrados por alumnado de infantil e primaria.