Febreiro 2022Día de Rosalía 2022Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal. Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa.
( categories: )
Poesía con David OteroEsta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía. SEMPRE MOI AGRADECIDOS CONTIGO, DAVID! ( categories: )
Coidando as aves con robóticaNa semana do 14 ao 18 de febreiro tivemos tamén a sorte de poder contar cunha actividade de robótica na aula de 3º e 4º. A actividade foi organizada pola fundación ABANCA e permitiulles á cativada desa aula deseñar un dispositivo con son para avisar ás aves mariñas de que non quedasen atrapadas nas redes dos barcos. Usaron sensores de presenza e intercambiaron mensaxes entre eles, e todo usando as posibilidades que os microbits lles ofrecen. Pasárono xenial e esperámolos para o mes de abril con outra visita ao noso centro!
( categories: )
Mans Unidas axuda ao noso horto
Este martes 15 de febreiro, visitounos Carmen Freire, colaboradora de Mans Unidas que nos ensinou moitos dos usos e propiedades das diferentes plantas que podemos utilizar no noso horto. Co seu gran entusiasmo e sabedoría fixo varias quendas de traballo coas diferentes aulas para poder contarlles moitos dos usos e propiedades dalgunha das plantas que usamos. Pasámolo moi ben e agardamos con moito interese que volva a visitarnos a mediados de abril!!!
( categories: )
|