Para celebrar o Día de Rosalía, dous alumnos de 5º acompañados da súa titora Irene, acudiron ao " Recuncho da lingua" en Radio Estrada con un poema musicado.
Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal. Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa.
O 24 de febreiro disfrutamos da lectura de poemas de Rosalía de Castro por parte de Uxía e Sergio, de 5º e 6º respectivamente. A elaboración dovídeo tamén correa pola súa conta.
Para conmemorar o Día de Rosalía, os nenos e nenas fixeron distintas actividades.
Os nenos e nenas de infantil colorearon unha silueta de Rosalía a modo de mariquita e recitaron un poema .
Os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron poemas de Rosalía.
Os de 3º e 4º investigaron sobre a vida da escritora para logo facer un mural e amosárllelo a todos os nenos e nenas do cole. Tamén recitaron poemas.
Os de 5º 6º traballaron "Rosalía en pop art".E dúas alumnas de 6º musicaron "NEGRA SOMBRA".
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |