BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA DO CABADA VÁZQUEZ

Ola, son LIATANTOSCONTOS a mascota da Biblio do CEIP Cabada Vázquez e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.

mascota biblioteca liatantoscontos

Comezamos esta andaina na web a partir dun curso que estamos facendo os mestres e mestras do cole cun proxecto de formación no centro (PFPP).

Este xa é o segundo ano neste proxecto no que participamos todo o claustro. Os "profes" están moi contentos/as porque agora comézase a ver o traballo que veñen desenvolvendo dendo hai dous ou tres cursos.

Comezamos por facer cambios que todos podedes ver dende hai un par de cursos con respecto ao espazo físico da Biblioteca: tarima no chan, pintado, novos andeis, mesas e cadeiras novas, equipos informáticos...

Ao mesmo tempo fomos catalogando e rexistrando os fondos da Biblioteca (traballo co que continuamos) e estamos esforzándonos por ampliar o fondo bibliográfico para que toda a comunidade educativa poida desfrutar da Biblioteca.

Por medio deste blog irémosvos informando das novidades, actividades, conmemoracións e demais eventos que se leven a cabo dende ou coa participación da Biblioteca Escolar.

Powered by Drupal - Design by artinet