Fomento da lectura

XI FESTA DAS PALABRAS

O pasado 22 de maio, tivo lugar A XI Festa das Palabras no Teatro Principal de A Estrada, acto organizado polos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino da Estrada, Dinamizaestrada e que coroa un

concurso literario desenvolvido ao longo de varios meses.

Para o "XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos" os nosos autores e autoras tiveron que crear mcrorrelatos

coa palabra "MÚSICA" e micropoemas coa palabra "SILENCIO", palabrasque aparecen nos títulos das obras de Luísa

Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.

Os gañadores e gañadoras do noso centro nesta edición foron:

- NOA, XIAN e IVÁN (micropoemas)

- CIBRÁN, IRENE e LARA (microrrelatos)

 

Noraboa a todos eles polos seus fermosos traballos e tamén os nosos agradecementos ao alumnado de infantil por

participar cos seus debuxos ilustrando as dúas palabras "MÚSICA" e "SILENCIO".

 

 

 

CORRELINGUA 2024

O pasado 28 de maio todo o alumnado e profesorado de educación infantil e primaria participou no Correlingua organizado

en A Estrada e no que participaron centos de alumnos de diversos centros da nosa contorna.

Baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!" percorremos as rúas de A Estrada uníndonos a esa carreira en prol da nosa

lingua para reivindicar o dereito de medrar en galego e garantir o seu uso no futuro.

Esta xornada tamén tivo outros momentos importantes como a  lectura do manifesto do Correlingua na voz da "galetiktoker"

Leti da Taberna; a actuación do grupo "Gramola Gominola" ;  a entrega de diplomas e agasallos para cada centro educativo

participante e a solta de globos.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra dos numerosos carteis elaborados polo alumnado do noso centro para sumarse a

esta iniciativa e que os acompañaron durante toda a xornada, así como do diploma e libros que recibiu o noso centro por

participar no Correlingua 2024  e que estarán dispoñibles para todos vós na biblioteca do noso centro.

 

 

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 14 de decembro, Pablo de 1º de educación primaria e Melania de 3º de educación primaria

participaron na "Festa da Poesía" organizada polo departamento de cultura do concello de A Estrada,

interpretando os poemas “O canto nocturno do grilo” e“A xoaniña e o escaravello”  do libro "Bichopoemas e

outras bestas de Leire Bilbao".

 

Deixámosvos un vídeo para que os vexades.

 

 

Recomendacións lectoras verán 2022

 

Aquí podedes consultar as recomendacións lectoras dos centros Plambe da Estrada. Que desfrutedes dun bo verán acompañados e acompañadas destas lecturas seleccionadas con moito coidado, esperando que sexan do voso agrado.

MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL B.

O xoves 24, DÍA DA BIBLIOTECA, entre outras actividades inician a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS deste curso.

 

Premendo AQUÍ ou no arquivo adxunto podedes consultar o contido da mochila da aula de infantil B, a modo de exemplo.

 

Un saúdo.

 

Liatantoscontos

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet