NO MES DA CIENCIA CONSTRUIMOS MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS, PERO NON SOLO ISO, SE NON QUE EXPERIMENTAMOS COA TENSIÓN SUPERFICIAL, COAS REACCIÓNS QUÍMICAS, E VIAXAMOS POLO ESPAZO.
Para celebrar o 8 de marzo, día da muller, este ano decidimos que tiñamos que darlle visibilidade a un traballo que sobre mulleres relevantes ao longo da historia fixeron oito grupos de alumnado de primaria. Como acto importante dese día, cada grupo presentoulle ao resto do alumnado a muller que ao seu grupo lle fora encomendada, e que asemade, servirá para darlle nome a cada unha das aulas do noso centro. Este ano xa comezamos por darlle nome á aula de música, agora chámase Aula Andrea Porto, integrante da Banda da Loba e que xa nos visitou no novembro pasado. A idea é darlle continuidade e poder poñerlle ás nosas aulas o nome de Xela Arias, Maruxa Mallo, Marcela e Elisa, María Pita, Ángeles Alvariño, Pepa a Loba ou Emma Ríos, xa que todas elas foron as protagonistas na nosa xornada de celebración do pasado 8 de marzo.
Neste curso desde o equipo de biblioteca do centro decidiuse por ofrecer unha proposta novidosa para conmemorar o mes do libro. Como se pode ver no cartel que se adxunta, aparecen catro actividades durante este mes.
O 17 de abril contamos coa visita de María Canosa quen nos contou algúns dos seus secretos á hora de escribir.
O 21 de abril o alumnado de 3º e 4º compartiron lecturas cos máis pequenos do cole.
Neste mes deron comezo os apadriñamentos lectores, polos cales cada neno ou nena de infantil ou 1º e 2º terán un padriño ou madriña que todas as semanas lles lerá un libro.
O día 10 de marzodeu comezo a actividade " As familias contan" que implica a participación das familias para a lectura de contos na aula de infantil. Esta iniciativa resultou ser un éxito e contou cunha gran acollida por parte de todos e todas.
Para celebrar o Día de Rosalía, dous alumnos de 5º acompañados da súa titora Irene, acudiron ao " Recuncho da lingua" en Radio Estrada con un poema musicado. Clica na imaxe para escoitalo. A nosa intervención está entre o minuto 16 e 24 aproximadamente.
Un dos produtos finais do primeiro trimestre foi esta bolsa coa imaxe do rei león que temos na aula de música, creada polo alumnado de 5º. Durante esta últimsa semana, todo o alumnado do centro puido pintar a súa propia bolsa para poder levar como agasallo.
ESTE TRABALLO FOI REALIZADO POR JAMILA E PAULA DE 6º, XUNTO CO ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA. A MÚSICA ESTÁ INTERPRETADA POLOS ALUMANOS DE 6º ACOMPAÑADOS AO CLARINETE POLA SÚA MESTRA DE MÚSICA IRENE.
Así transcorreu a semana de Entroido no CEIP Cabada Vázquez. O tótem que adorna a nosa entrada foi o encargado de indicar os mandados de Entroido este ano.
O xoves 22 de febreiro tivo lugar no Teatro Principal un acto organizado polo Departamento de Cultura do Concello de A Estrada co fin de conmmemorar o Día de Rosalía de Castro. Paula (6º EP) e Xián (3ºEP) participaron neste acto recitando dous poemas de Rosalía de Castro "Cando penso que te fuches" e "Cando era tempo de inverno".
Deixámosvos aquí un vídeo onde poderedes velos.
Neste acto tamén se fixo público o vídeo do poema "O pelouro que roda" de Rosalía de Castro, versionado pola Banda da Loba e no que participou o noso alumnado xunto con outros centros educativos.