Skip to Content

Ed. Infantil

ROBÓTICA.

Outro dos nosos habituais son os robots e a aprendizaxe tan grande que levan implícita os mesmos. Así, realizamos grupos e comezamos o que para algúns son os seus primeiros pasos neste mundillo e o que para outros, recordar e afondar en conceptos xa traballados. Velaquí tedes unha pequena mostra...

Bee boot.

Evidentemente, algún xa actúa de forma autónoma no traballo coa abelliña pero o proceso básico é o seguinte:

- Onde comezamos?

- A onde queremos chegar?

- Por onde vamos a ir?

- Comezar a programar de paso en paso, por tramos ou todo o itinerario xunto, cada un na súa etapa, todas MOI VÁLIDAS!!

Algún mesmo era capaz de corrixir os seus propios erros de programación inicial. UNHAS MÁQUINAS!!!

 

 

 

 

MBOT RANGER.

Lembramos os comandos básicos do robot sen afondar aínda na programación máis grande do mesmo.

 

 

 

RECICLAXE

Como vai sendo habitual na nosa aula, creamos o noso recuncho de reciclaxe. Primeiramente, debíamos recordar a importancia de reciclar e por que debíamos facelo. Posteriormente, reflexionamos cales son os diferentes contenedores que podemos ver normalmente pola rúa? Que cores ten cada un? Cales precisamos na nosa aula? Máis tarde, puxémonos mans á obra e creamos uns carteis que nos axudarían na nosa labor de reciclaxe.

 

Así, mentras os maiores escribíamos, os pequenos íamos buscando cousas nos folletos que puideramos clasificar en cada un dos contenedores.

 

Cando xa tiñamos todo o traballo de base feito, relacionamos cada cartel coa cor correspondente e clasificamos e pegamos os diferentes recortes no seu lugar. Finalmente, xa só quedaba darlle forma e crear así o noso recanto de reciclaxe. E este foi o resultado!!!

Outono chegou.....

Neste primeiro trimestre, decidimos deixar o noso habitual proxecto de traballo de lado e realizar pequenas investigacións sobre temas do noso contorno máis próximo. Así, comezamos o noso traballo co Outono!!!

Recollimos coa axuda das nosas familias un montón de elementos vinculados para crear o noso recuncho do Outuno.

GRAZAS FAMILIAS!!!

                         

   

                            

 

Así, despois de ulir, tocar, observar, recoñecer, subitizar e finalmente contabilizar para comprobar a nosa subitización, comezamos creando o noso recanto. Para isto, debíamos realizar pouco a pouco unha pequena clasificación de todos os elementos dos que dispoñíamos. Posteriormente, recoñecer as etiquetas dos nomes correspondentes ós diferentes obxectos e....MANS Á OBRA!!!

 

 

E ESTE FOI O RESULTADO!!!

 

MANDALAS.

Así, aproveitando que contábamos na aula con todos estes materiais, decidimos realizar unas mandalas efímeras. Para isto, observamos previamente algunha xa feita por Internet e, SORPRESA!!! "qué forma teñen?". Pois ben, puxémonos a traballar nun concurso improvisado de  "artistas mandaleros" no que a única norma era, non saírnos do círculo.

 

 

 

 

Finalmente, votamos polas nosas obras favoritas, polo que aproveitamos novamente para contar, asociar grafías, cal ten máis, cal ten menos, cal ten moitos, cal ten poucos (puro ABN Vergoña)... Así, o realmente importante non era o gañador ou gañadora do concurso, senón o proceso creativo, o traballo coa figura xeométrica e todo o traballo matemático final. CASE NADA!!

 

Xa en sesións posteriores, pintamos as típicas mandalas de outono recoñecendo o poder relaxante que leva asociado este traballo. Igualmente, sumámoslle a Vivaldi e a súa estación do Outono por se pintar non conseguía tranquilizarnos.

     

E, como toda ocasión é boa, votamos pola posición das mesmas na nosa fiestra. Veríanse dende a aula ou dende o patio?

E así quedou a cousa!!!!

 

 

Artisteando

"El grito" de Munch.

Así, coñecimos unha das obras máis famosas deste artista vinculada totalmente coa celebración do Samaín e o medoooo. Por isto, observamos o cadro, "que vemos?", "Que lle pasa?" "que está a facer?"... Degranamos cada pequeno detalle, dramatizamos as nosas caras máis terroríficas e preguntámonos "porque terá medo esa persoa?" e, o máis importante, "cando temos medo nós?". Finalmente, reproducimos ó noso xeito a obra de Munch, tendo claro cales son as cores coas que representaríamos ó medo.

          

          

 

PREPARAMOS UN MURAL DO SAMAÍN.

O que nos gusta pintar con pinceis e mancharnos todo o que podamos....Canso

 

    

  

E, co efecto terrorífico final, este foi o resultado...

Non me cansarei de dicilo, SODES UNS ARTISTAZOS!!! Guiño

 

OBRAS DO OUTONO.

Como era de esperar, íntimamente vinculado ó noso traballo do Outono, realizamos diversas obras relacionadas con esta preciosa estación. Así, e despois de investigar "cales eran as cores predominantes nesta época do ano", "porque lles caen as follas a algunhas árbores", "como se chaman este tipo de especies"... Aprendimos unha poesía moi típica do Outuno e, despois, a pintaaar!!!!!

     

     

 

ARTE... "URBÁN".

Despois, están aqueles estranos días nos que fai sol e decidimos aproveitar facendo algunha das nosas mellores obras ó aire libre. Guay

Como dato, dicir que gastamos todas as tizas e, antes de volver á clase, xa estábamos preguntando cando poderíamos volver.

  

  

 

    

 

KANDINSKY.

Outro dos pintores que traballamos este trimestre foi Vasili Kandinsky, xa que dábanos moito xogo á hora de traballar coas figuras xeométricas.

Así, e despois de analizar propiamente un dos seus cadros, decidimos poñerlle título e comezar a reproducir o mesmo. A única premisa, utilizar todas as cores que puideran.

 

   O NADAL

Así, case sen darnos conta, chegou Decembro e, con el, a nosa preparación para estas datas de luces, reencontros e ledicia.

Que vos parece o resultado final das portadas para os nosos traballos? Vergoña

A-R-T-I-S-T-A-S

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut