Escolares

Portadas de libros

Xa que nos atopamos na semana do libro, vamos a realizar unha actividade que consiste en reproducir de xeito caseiro a portada dun libro ou conto que vos guste, caracterizándovos dalgún personaxe ou tentanto repetir a portada pero con cousas que teñades pola casa. Igualmente, se non se vos ocurre ningunha portada ou como facela simplemente podedes representar algunha escena dalgunha historia que vos guste. Sacades foto e compartides coa profe.

ESTOU DESEXANDO VER  AS VOSAS IDEAS!!!

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

 

 

Viaxando á Cerdido

Continuamos co traballo co noso Concello e así, vamos a preparar unha auténtica guía turística sobre a zona. NON HAI PRESA!!!! Xa tedes un mapa no que están recollidos os lugares máis importantes, así que vamos a investigar un pouco máis todavía e a recoller toda a información posible. REPITO, NON HAI PRESA!!! As cousas con calma saen moito mellor.

Así, imaxinade que sodes unha axencia de viaxes e eu unha persoa francesa que decide ir a coñecer Cerdido, polo que chamo á vosa oficina para organizar a miña viaxe. Así, quero saber o seguinte:

1. Como podo ir ata Cerdido? (Lémbrade que son unha chica francesa que viaxo xunto a miña familia e un animaliño, debe ser un transporte apto para tod@s).

2. Canto pode costarme ir ata alí? (tede en conta que somos tres e unha cadeliña, poden investigar nalgunha páxina web de organizar viaxes ou no google maps para saber o número de kilometros que teño se a vosa opción é o coche ou a autocaravana.) 

3. Que debo levar? (Viaxaremos en decembro do 2020, se é que a pandemia remitiu xa).

4. Onde podo aloxarme e canto costará segundo os días que vou pasar alí? (pongamos que son 5 noites).

5. Tendo en conta que o que busco é relaxación, cumpre as miñas necesidades o destino elexido?.

6. Cantos habitantes ten?.

7. Que concellos e sitios interesantes rodean Cerdido?

8. Que mares temos preto? Ríos?

9. Temos montañas? 

10. Cal é a gastronomía propia do lugar?

11. Algunha cita relevante na época na que vou? Ou algunha recomendación para cambiar de data para que non me perda algo super interesante na zona? 

 

 Podedes empregar pequenas anotacións en post its ou anacos de papel para cada unha das vosas investigacións sobre o tema ou, simplemente un papel e vamos rexistrando todo.

Cando teñades toda a información, decidide como vades a comunicala, vídeo, imaxes, pequeno folleto informativo, texto, un audio en conversación... SEDE CREATIVOS E POUCO A POUCO.

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

 

RELIXIÓN - SEMANA DO 14 DE ABRIL

VER FICHEIROS ADXUNTOS:

CIENCIAS SOCIAIS 4º, 5º, 6º (ELABORAMOS UN CARTAZ)

Como xa saberedes, durante este trimestre estivemos falando do coidado do medio ambiente e os espazos protexidos. Coñecimos cales son os grandes problemas medioambientais e as medidas a levar a cabo para coidar o medio.

 

Así, propóñovos facer uns carteis de concienciación sobre o tema traballado na aula para chegar aomaior número posible de persoas.

 

Nesta liña, a idea é a seguinte:

1. Cada un, libremente, escollerá unha das catro temáticas e traballará sobre o tema en cuestión (na clase xa afondamos neles).

  • A contaminación

- Contaminación das augas.

- Contaminación do solo.

- Contaminación do aire.

  •  A deforestación.

  • A sobreexplotación de recursos.

  • O cambio climático.

 

2. Elaboramos un esquema ou deseño sobre o formato que nos gustaría realizar.

3. Realizamos un borrador do mesmo (debemos ter en conta cores a empregar, que vai a ir resaltado, tipos e tamaños das letras, que información imos incluír, levará imaxes? como as podemos incluir?...).

4. Correximos posibles erros ortográficos ou gramaticais.

5. Elaboramos o cartel tendo en conta o boceto anterior.

 

INFORMACIÓN ÚTIL:

https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac 

https://www.youtube.com/watch?v=q-pyLOCe4so 

https://www.youtube.com/watch?v=-aBYdkVkURI 

https://happylearning.tv/el-cambio-climatico/ 

https://www.youtube.com/watch?v=gXweeQ_2fRo

 

 

Cando os remates podedes enviarmos ao correo electrónico se vos apetece: soledl@edu.xunta.es

 

Se saen ideas chulas, cousa que non dubido, cando voltemos escolleremos varios e levarémolos á imprenta para logo repartilos polo colexio, concello e familias. Guiño Que vos parece?

 

Información de utilidade: 

 

Distribuir contido