Como xa saberedes, durante este trimestre estivemos falando do coidado do medio ambiente e os espazos protexidos. Coñecimos cales son os grandes problemas medioambientais e as medidas a levar a cabo para coidar o medio.
Así, propóñovos facer uns carteis de concienciación sobre o tema traballado na aula para chegar aomaior número posible de persoas.
Nesta liña, a idea é a seguinte:
1. Cada un, libremente, escollerá unha das catro temáticas e traballará sobre o tema en cuestión (na clase xa afondamos neles).
- A contaminación
- Contaminación das augas.
- Contaminación do solo.
- Contaminación do aire.
-
A deforestación.
-
A sobreexplotación de recursos.
-
O cambio climático.
2. Elaboramos un esquema ou deseño sobre o formato que nos gustaría realizar.
3. Realizamos un borrador do mesmo (debemos ter en conta cores a empregar, que vai a ir resaltado, tipos e tamaños das letras, que información imos incluír, levará imaxes? como as podemos incluir?...).
4. Correximos posibles erros ortográficos ou gramaticais.
5. Elaboramos o cartel tendo en conta o boceto anterior.
INFORMACIÓN ÚTIL:
https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac
https://www.youtube.com/watch?v=q-pyLOCe4so
https://www.youtube.com/watch?v=-aBYdkVkURI
https://happylearning.tv/el-cambio-climatico/
https://www.youtube.com/watch?v=gXweeQ_2fRo
Cando os remates podedes enviarmos ao correo electrónico se vos apetece: soledl@edu.xunta.es
Se saen ideas chulas, cousa que non dubido, cando voltemos escolleremos varios e levarémolos á imprenta para logo repartilos polo colexio, concello e familias. Que vos parece?
Información de utilidade: