Skip to Content

Lectura Trouleira Infantil chega de novo

 O pasado martes 10 comezaron os clubs de Lectura Trouleira do alumnado do noso centro. Estes tres clubs, nos que poderá participar todo o alumnado do centro, realizaránse unha vez ao mes, os martes, en horario de 15:30 a 16:30. 

CLUB INFANTIL, 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Neste club os máis pequenos do centro farán lecturas e actividades para motivar aos primeiros lectores. Nesta primeira sesión, contaron o conto "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth e despois elaboraron unhas toupiñas con masa de pan. 

toupiña 1

toupiña 2

CLUB DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Comezarán lendo diferentes tomos da colección "Los buscapistas" de T.Blanch. Nela seguimos a dous amigos: Pepa Pistas e Max Casos, nunha novela interactiva na que os/as lectores/as serán partícipes á hora de resolver diferentes misterios. 

buscapistas

 

CLUB DE 4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A primeira lectura será "Dúas bágoas por Máquina" da autora Fina Casalderrey, escritora de numerosísimas novelas infantís en lingua galega. Na historia seguiemos a desaparición e búsqueda de Máquina, un canciño moi querido pola súa dona. É un libro que relata o incríble vínculo que se xera entre os nenos e nenas e os seus animais. 

duasbagoas

Coma sempre, as nosas reunións veñen acompañadas de leite con cacao e un biscoito doce, que os nenos e nenas desfrutan moito mentras comparten estas experiencias. Temos xa moitas gañas de que chegue o seguinte. 

 

AdxuntoTamaño
Dúas bágoas por máquina.pdf1.87 MB


blog | by Dr. Radut