Skip to Content

Blogues

ACTIVIDADES DE REPASO!

RisaVelaquí tedes algunhas das actividades de repaso que estivemos a facer estes días! Risa

NOVOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIO DA BARQUEIRA!

Este ano comezamos unha nova andadura na biblio con novos voluntarios e voluntarias! 

 

FONDO LIBROS

A Consellería de Educación, ven de publicar a Orde do 9 de Maio de 2018 na que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o Venres 22 de Xuño. En calquera caso, debedes ter en conta as seguintes consideracións:

 

-       As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas ó alumnado que cursará 1º e 2º de Educación Primaria o vindeiro curso.

-       A participación no fondo solidario de libros correspóndelles ós alumnos/as que cursarán 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

-       As axudas para a adquisición de material escolar van destinadas a todo o alumnado que cursará Educación Primaria, cuxas familias teñan unha renda per cápita inferior a 5400 Euros no exercicio fiscal do 2016.

-       Presentarase unha única solicitude por familia indicando o nivel de estudos de cada un dos nenos/as (por exemplo: no caso de dous irmáns, é suficiente cunha única solicitude na que se incluirán todos eles/as). Presentarase no centro de orixe, agás, o alumnado que empeza 1º ESO que debe solicitar ditas axudas no instituto no que vaia a matricularse.

-       Este ano tedes a opción de presentar a solicitude vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación FondoLibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros). Para esta presentación necesitades dispoñer dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario de Chave365.

 

A documentación a entregar é a seguinte:

               ANEXO I e II da Orde antes sinalada, debidamente cuberto e asinado (podedes descargalo aquí).

               - DNI de todos os membros da unidade familiar, SOAMENTE SE NON AUTORIZA á Xunta de Galicia a comprobación telemática.

               - Fotocopia de libro de familia, na que aparezan todos os membros da unidade familiar. SEMPRE.

              - De ser o caso, certificación de que o alumno/a ou algún membro da unidade familiar ten unha minusvalía, AGÁS QUE DITO DOCUMENTO FOSE EMITIDO POLA XUNTA DE GALICIA.

               - Declaración do IRPF do exercicio fiscal 2016, SOAMENTE SE NON SE AUTORIZA á Xunta de Galicia a súa comprobación. 

               - De ser o caso, documentación acreditativa de violencia de xénero no ámbito familiar.

    - De ser o caso, documentación acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado tutelados.

 

  • falta de devolución dos libros emprestados polo centro no curso 2017/ 2018, serán causa de exclusión na participación de ditas axudas. Estes libros, deben ser devoltos ó centro en perfecto estado de conservación antes do 23 de Xuño. De faltar algún libro ou se algún está moi deteriorado, a familia terá que ocuparse de mercar outro igual.
  • NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO, RESPECTADE OS PRAZOS ESTABLECIDOS POLA LEI.
  • Ó igual que en convocatorias anteriores, a persoa solicitante da axuda, debe comprometerse a conservar en bo estado os libros de texto emprestados, e a incorporalos ó finalizar o curso 2017/ 2018 ó fondo solidario constituído no centro.

Ante calquera dúbida ou xestión a realizar, seredes atendidos no centro, preferiblemente en horario de 12:40 ÁS 13:25

Proxecto "A patrulla canina"

Como xa sabedes, o comezo de curso e moi productivo para comezar novos proxectos de traballo e tarefas nas que mergullarnos durante o curso.

Porén, esta vez costounos un pouco decidirnos xa que eran moitos os temas que estes pequenos/as querían aprender. Así que, despois dun longo debate de moitos días, o tema elixido foi o mundo dos cans, xa que a maior parte deles ten algún na súa casa e querían afondar nos seus coñecementos.

Pouco a pouco, confeccionamos o noso recanto do proxecto, que se irá completando a medida que avanzamos. De momento, este é o noso pequeno GRAN recuncho...

                              

 

                                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut