Skip to Content

Blogues

Comezamos o noso 2017/2018

 Aínda que parece que levamos moi pouco de cole, ós máis peques xa nos serviu para aprender moitas cousiñas e, sobre todo, para coñecernos entre nós.

Así, os primeiros días, e aproveitando que os "peques" estaban no período de adaptación, fixemos moitas actividades para recordar normas, rutinas, conceptos, xogos...

Igualmente, fixemos os nosos manteis para merendar...

                                                                       

Xogamos cos diferentes xogos de mesa intentando recordar as normas e regras dalgúns deles. ¡¡¡¡Xa non nos acordabamos do Xeoplano!!!!!

                   

 

 Decoramos a porta da nosa aula cos novos globos do Pitiño artista....

                                                              

 

Sacamos os nosos xogos das caixas viaxeiras para empezar a coñecelos e recordalos, xa que moi pronto, ¡¡¡¡volverán a viaxar polos vosos fogares!!!

                 

 

Igualmente, tamén intentamos recordar, coa axuda dos nosos dados dos atributos, algúns conceptos.....¡¡¡¡¡somos os máis listos do cole!!!!!! Vergoña

                                                                        

 

Como tivemos moito tempo para coñecernos, fixemos algunha actividade de cohesión grupal como a tea de araña... ¡¡¡Mirade que chula nos quedou!!!!

E xa para acabar con este mini resumo das nosas actividades durante o mes de Setembro, comezamos a incluír algunha dinámica de traballo cooperativo como o folio xiratorio. Porén, temos que practicar un pouco máis este tipo de tarefas en grupo...Indeciso

                                                                  

 

 

Cumpleanos do mes de Outubro

No pasado mes de Outubro, celebramos dous cumples....non todo vai ser traballar Canso

Así que moitas grazas a Nicolás e Uxía por compartir con nós que vos facedes "vellos", porque a verdade é que...¡¡¡Nos encantan as festas!!!

¡¡¡¡¡PARABÉNS ÓS DOUS!!!!!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 2016/2017

Estimadas Familias:

Como se vos comunicou anteriormente, a Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución para levar a cabo a renovación dos membros do Consello Escolar.

Recordarvos que o Consello Escolar ten como funcións fundamentais as de elaborar, aprobar e supervisar todas as actividades que se realizan no centro e no noso caso debe estar formado polos seguintes membros:

                      ◦ A directora do centro.

                      ◦ Dous representantes dos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as, un dos cales será proposto pola ANPA.

                      ◦ Dous mestres/as.

                                         ◦ Un/unha representante do Concello de Cerdido, proposto por eles.

Á fin de aclarar un tanto a organización deste proceso, informar dos seguintes puntos:

- Este ano debemos elixir un representante dos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as e dous representantes dos mestres/as.

-       - O prazo para que a ANPA e o Concello designen un representante será ata o Luns 14 de Novembro.

-      -  O Luns 28 de Novembro os mestres/as elixirán ós seus representantes.

-      -  O Martes 29 de Novembro os pais/nais/titores/as legais elixirán ó seu representante.

-     -   O Mércores 30 de Novembro proclamaranse oficialmente os membros que formarán parte do Consello Escolar.             

Dadas estas circunstancias concretas, necesítase quedesde hoxe, e ata o vindeiro Venres 11 de Novembro, todo aquel que así o considere, presente oficialmente a súa candidatura para formar parte do Consello Escolar, e para o cal dispoñedes no centro dun documento que debedes cubrir ó respecto. Igualmente, e no mesmo prazo, podedes facer as reclamacións oportunas ó censo que permanecerá exposto no taboleiro de anuncios do centro durante o proceso electoral.

 De calquera maneira, as posibles dúbidas que vos podan xurdir, non dubidedes en comunicalas, xa que a Directora do centro estará á vosa disposición.

Cerdido, 4 de Novembro de 2016.

A Xunta Electoral.

                     

Os pitiños artistas

 

Hai un refrán que di: "Nunca es tarde si la dicha es buena", así que vamos a comezar a nosa andaina por estos lares.

Xa levamos un mes no cole asentando normas, rutinas e ritmos de traballo. Porén, unha das primeiras cousas que fixemos foi intentar facer da nosa aula un espazo que nos identificara.

Por isto, e despois de moitos días de actividade, temos a porta máis bonita de todo o cole (con permiso do resto de compis da escola Vergoña).

Si é que somos uns auténticos artistas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut