Skip to Content

Escolares

ENTROIDO

Despois dunha longa semana, cumprindo os mandamentos do Trasno Trouleiro, chegou a grande festa do 9 de Febreiro na que aínda quedaba unha derradeira peza para completar a nosa disfrace. Así, coa nosa chegada ó centro, realizamos un xogo de pistas que nos conduciría ó remate do noso atuendo.

  

 

 

E despois dunha longa búsqueda, atopamos a peza que completaba a nosa disfrace. MÍRADE QUE GUAPÍSIMOS ÍAMOS!!!

 

Porén, a pesares de que tiñamos preparada unha cantiga e diversos instrumentos musicais para encher ó Concello de Cerdido de festa, vímonos na obriga de continuar a festa no centro.

 

Máis tarde, catamos todos os doces típicos destas datas para recuperar folgos... GRAZAS FAMILIAS!!!!

E xa cos estómagos cheos, continuamos o día realizando diversos obradoiros de máscaras nos que a peza clave dos grupos interactivos foron as diferentes familias. Novamente, grazas!!!

 

 

Nós pasamolo pipa, e vós? Vergoña

Saída ó Aquarium e á Domus

O pasado Xoves 8 de Febreiro, realizamos unha saída á Coruña, para visitar o Aquarium e ver as preciosas especies marinas que habitan alí. 

Velaquí tedes unha pequena mostra:

  

  

 

 

Máis tarde, e logo de repoñer forzas comendo, realizamos un recorrido pola DOMUS onde afondamos nos nosos coñecementos científicos.

 

 

 

 

A NOSA PEQUENA GRANDE APORTACIÓN Ó MÚSEO ETNOGRÁFICO.

Intimamente vinculado ó Plan Proxecta "Coñeces Cerdido?", construímos un auténtico múseo etnográfico. Na nosa aula, fixemos a nosa pequena aportación, realizando pequenas etiquetas daqueles instrumentos, utensilios e ferramentas que os pequenos/as traían. Para nós, é unha actividade moi complexa pero tremendamente enriquecedora. Así, fixemos grupos de traballo cooperativo para traballar en equipo aqueles aspectos que nos tocaba investigar, cooperación que segue costándonos moito e que pouco a pouco iremos mellorando. Porén, tivemos que rexistrar progresivamente o nome daqueles materiais que tiñamos diante, así como unha pequena descripción do seu funcionamento e que aparello se utiliza actualmente. Todo isto, respectando as diferentes etapas de lectoescritura. GRAN TRABALLO PEQUENOS/AS!!!

  

   

 

SEMANA DA CIENCIA.

Como xa sabedes, o día dos experimentos é o noso día favorito da semana, así que tivemos a sorte de poder mostrar os nosos preferidos na xornada de portas abertas. Así, podíamos escoller aqueles que máis nos gustaran tanto este curso como o pasado, coa única condición de seleccionar algún vinculado co noso Proxecto "A Patrulla canina". Así que, seleccionamos, recordamos, realizamos e buscamos novamente o seu razonamento científico. Pola miña parte, creo que os pequenos/as o explicaron á perfección o día da ciencia, así que, sobran as palabras, tan só dicir...QUE ORGULLOSA ESTOU DELES/AS!!!Vergoña

LEITE MÁXICO.

                

PONTES (capilaridade).

OSITOS MUTANTES.

 

 

PULMÓNS (sistema respiratorio).

CORAZÓN (sistema circulatorio).

E así de guapísimos/as estabamos nos nosos "stands" científicos da feira da ciencia.

 

 En canto poida colgarei algún vídeo das explicacións porque a verdade é que non teñen desperdicio. SON ENORMES!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut