Skip to Content

A NOSA PEQUENA GRANDE APORTACIÓN Ó MÚSEO ETNOGRÁFICO.

Intimamente vinculado ó Plan Proxecta "Coñeces Cerdido?", construímos un auténtico múseo etnográfico. Na nosa aula, fixemos a nosa pequena aportación, realizando pequenas etiquetas daqueles instrumentos, utensilios e ferramentas que os pequenos/as traían. Para nós, é unha actividade moi complexa pero tremendamente enriquecedora. Así, fixemos grupos de traballo cooperativo para traballar en equipo aqueles aspectos que nos tocaba investigar, cooperación que segue costándonos moito e que pouco a pouco iremos mellorando. Porén, tivemos que rexistrar progresivamente o nome daqueles materiais que tiñamos diante, así como unha pequena descripción do seu funcionamento e que aparello se utiliza actualmente. Todo isto, respectando as diferentes etapas de lectoescritura. GRAN TRABALLO PEQUENOS/AS!!!

  

   

 



book | by Dr. Radut