Skip to Content

Ed. Infantil

E moito máis...ABN

RECONTO DE TAPÓNS

Como xa comentamos en noticias anteriores, a recollida de tapóns, supuxo para nós un importante traballo extra moi aproveitable. Así, primeiramente realizábamos estimacións "cantos tapóns creedes que temos?"

Posteriormente, agrupamos os tapóns en decenas para que o conteo fose un pouquiño máis fácil.

    

Finalmente, facemos reconto das decenas que dispoñemos e intentamos realizar o cálculo (aínda necesitamos un pouco de axuda, pero todo se andará... Risa)

 SEMÁFORO

Durante o derradeiro trimestre do curso, e posto que nos costaba moito falar nun tono "normal", decidimos rescatar o semáforo do comedor que xa non se empregaba e intentar regular o volumen da nosa fala. O que nós non sabíamos, é que o que comezou sendo unha simple estimulación para non berrar, acabou sendo outra actividade máis de ABN. Así, ó longo da semana rexistrábamos a cantidade de puntos vermellos que tiñamos e se o venres o número era "menor que" cinco conseguíamos unha cariña feliz. Porén, se o número era "maior que" dez a cariña triste era para todo o grupo. Así, traballamos o conteo, así como o maior que, menor que...

                                                       

 CADRANTE DO CEN.

Pouco a pouco, incluímos na clase o traballo co cadrante do cen adaptado ós diferentes niveis. Así, buscamos números, familias, amigos e pandillas. Investigamos tamén sobre anteriores e posteriores, así como ó número que chegaríamos se fixéramos tres "pasitos". Montamos o cadrante como se dun puzzle se tratase, fixemos crucinúmeros e realizamos o noso propio cadrante...CASE NADA!!!

   

QUEN TEN O APELIDO MÁIS LONGO?

Levábamos un tempo debatindo sobre cal era o neno ou nena da clase que tiña o apelido máis longo, pois ben...MANS Á OBRA!!!

Primeiramente realizamos unha estimación sobre cal dos dous apelidos que tiñamos era o que máis letras tiña, estimación que posteriormente comprobamos, aínda que todos e todas estábamos no certo.

   

Así que, a escribir todos aqueles apelidos máis longos de cada un dos nenos e nenas da clase e da profe....tamén Vergoña. Realizamos novamente unha estimación, cal creedes que é o que máis letras ten?

Finalmente, contamos as letras para comprobar as nosas estimacións e...

OUTRAS ACTIVIDADES.

                                                                          CONTEO                                                                                          

 

 

                                                                                      SERIE NUMÉRICA.

                                                                     BALANZA E COMPLEMENTARIOS DO 10.

                      

 

De todo un pouco.

Aproveitando que en marzo tivemos varios cumpreanos e que a ocasión ben o merecía, decidimos facer diferentes recantos de traballo na aula. Así, empregamos dúas sesións nas cales cada un dos grupos debía pasar por cada recuncho e facer as tarefas que nel se pedían.

RECANTO 1: Programar a abella Bee Boot. Así, eles mesmos escolleron o taboleiro no que querían traballar, a meta a que querían chegar, o itinerario a seguir e os turnos á hora de programar.

RECANTO 2: Manexo do MBOT RANGER. Como aínda é algo novidoso para nós, a tarefa consistía únicamente en desfrutar co robot e aprender a manexar a aplicación vinculada ó mesmo. Así, controlamos o MBOT como se fose un coche teledirixido, observamos as luces, os sons, tocamos as nosas propias melodías no piano, debuxamos os itinerarios e descubrimos o detector de obstáculos.

 

RECANTO 3: Mesa de luz. A finalidade da mesa era realizar as súas propias representacións artísticas cos materiais dos que dispoñían e explorar e experimentar coa luz, as sombras e as cores.

 

 

 

RECANTO 4: Policubos. Debían ser capaces de montar as diferentes columnas atendendo ó número que marcaba cada círculo e...vaia se foron capaces!!!

 

 RECANTO 5: Cadrante do 100. Continuamos intentando completar os cen números aínda que, nesta ocasión, cunhas pezas diferentes.

 

Ó fío deste último recanto, non podía deixar escapar a oportunidade de colgar estas fotografías no recanto de xogo de ABN unha tarde calquera.

CON MOITA PACIENCIA E TRABALLO EN EQUIPO......CONSEGUíRONO!!

 

SEMANA DA PRENSA E DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Posto que este ano, as dúas conmemoracións encaixaban en datas, decidimos que todo o centro traballaría as dúas íntimamente vinculadas.

Así, antes de comezar o traballo "gordo", empregramos os xornais para leer algo diferente nas horas de lectura.

Días máis tarde, descubrimos que os xornais están organizados en diferentes seccións e que cada unha contaba unha cousa diferente.

Pero, sería moi difícil atopar noticias onde aparecesen mulleres? Así que puxémonos a buscar! E recortamos aquela que máis nos gustase desgranando a mesma en Título, foto, pé de foto e noticia.

 

 

En sesións posteriores, reducimos máis a nosa busca, de forma que tiñamos que centrarnos na sección de deportes. Así, esta tarefa complicousenos un pouco, xa que supoñía buscar a devandita sección. Cómo faríamos? Cómo saberíamos que estabamos nos deportes? E se a noticia non traía fotografía, cómo sabríamos que nela saía unha muller?

Así, e aínda que levounos moitoooo rato atopar noticias de mulleres deportistas....CONSEGUíMOLO!!!

Porén, por qué foi tan complicado atopar unha noticia de mulleres deportistas? Así, visionamos o seguinte vídeo:

E despois da correspondente reflexión ó respecto, nós tamén fixemos a nosa portada perfecta.

Distribuir contido


by Dr. Radut