Skip to Content

Ed. Infantil

Pintando con Canicas (marzo 2014)

 

Os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Primaria e os pequen@s de Infantil seguen co seu proxecto de arte.

Esta vez aprenderon unha nova técnica, PINTAR CON CANICAS! Quen o ía dicir...

Aquí tedes unha pequena mostra dos seus traballos... orixinal eh?

 

 

 

Cumpreanos Iker e Mariana (23.01.2014)

 

Estamos de celebración!

Iker e Mariana cumpriron hoxe nada máis e nada menos que 5 anos! Que maiores están!

Como non podía ser doutra maneira, coronámolos rei e raíña do día e celebramos este acontecemento tan especial degustando unha saborosa tarta que nos trouxo Rocío, a mamá de Iker... mmmm estaba deliciosa! Moitas grazas!

Parabéns rapaces!


A GRAN OLA DE KANAGAWA (Xaneiro 2014)

 

Á vista das últimas noticias sobre o temporal que asolagou a nosa comarca, das que se fixeron eco tanto os xornais coma a televisión, e que provocaron grandes desgrazas e perdas humanas, os nenos e nenas de Educación Infantil, completamente inmersos nun proxecto sobre o arte, quixemos versionar o gravado xaponés "A gran ola de Kanagawa" de Katsushika Hokusai.

Pareceunos moi interesante aproveitar un fenómeno meteorolóxico para falar e aprender entre todos sobre él.

Nesta ocasión, como vedes, pasámolo pipa facendo as nosas ondas do mar.

 


OS NENOS DE INFANTIL AMÓSANNOS AS SÚAS TARXETAS DE NADAL

Hoxe, día 22 de decembro, tivo lugar no centro o festival de Nadal no que participou todo o alumnado. Estivo presidido polas Súas Maxestades que ademáis fixeron entrega dos premios do XII Concurso de tarxetas de Nadal.


Foi premiada unha tarxeta en cada ciclo e unha delas foi elexida como tarxeta gañadora:


   *Premio especial a todo o alumnado de educación infantil. 


   * Miguel Piñón Tojeiro, gañador do 1º ciclo de primaria.


   *Carla Novo Graña, gañadora do 2º ciclo de primaria.


   *Damián Pena Piñón, gañador do 3º ciclo de primaria.


   *A tarxeta gañadora do concurso foi a de David Galdo Martínez, alumno de educación infantil.

As nenas e nenos de infantil quérennos amosar as súas postais navideñas. Entrade na galería e verédelas.



 

Distribuir contido


by Dr. Radut