Skip to Content

De todo un pouco.

Aproveitando que en marzo tivemos varios cumpreanos e que a ocasión ben o merecía, decidimos facer diferentes recantos de traballo na aula. Así, empregamos dúas sesións nas cales cada un dos grupos debía pasar por cada recuncho e facer as tarefas que nel se pedían.

RECANTO 1: Programar a abella Bee Boot. Así, eles mesmos escolleron o taboleiro no que querían traballar, a meta a que querían chegar, o itinerario a seguir e os turnos á hora de programar.

RECANTO 2: Manexo do MBOT RANGER. Como aínda é algo novidoso para nós, a tarefa consistía únicamente en desfrutar co robot e aprender a manexar a aplicación vinculada ó mesmo. Así, controlamos o MBOT como se fose un coche teledirixido, observamos as luces, os sons, tocamos as nosas propias melodías no piano, debuxamos os itinerarios e descubrimos o detector de obstáculos.

 

RECANTO 3: Mesa de luz. A finalidade da mesa era realizar as súas propias representacións artísticas cos materiais dos que dispoñían e explorar e experimentar coa luz, as sombras e as cores.

 

 

 

RECANTO 4: Policubos. Debían ser capaces de montar as diferentes columnas atendendo ó número que marcaba cada círculo e...vaia se foron capaces!!!

 

 RECANTO 5: Cadrante do 100. Continuamos intentando completar os cen números aínda que, nesta ocasión, cunhas pezas diferentes.

 

Ó fío deste último recanto, non podía deixar escapar a oportunidade de colgar estas fotografías no recanto de xogo de ABN unha tarde calquera.

CON MOITA PACIENCIA E TRABALLO EN EQUIPO......CONSEGUíRONO!!

 



book | by Dr. Radut