Skip to Content

Ed. Infantil

COMEZAMOS NOVA ANDAINA

Aínda que á volta das vacacións de Nadal xa eramos pequenos expertos da dinámica da aula, dos seus espazos e de todas as persoas que forman parte do noso cole, a profe volvía despois dun longo parón, así que decidimos comezar un pouco de cero. Por isto, pasiño a pasiño, creamos entre todos unha nova vida dentro dunha clase onde a dinámica  e funcionamento da mesma xa estaba máis que interiorizada.

NOVOS ESPAZOS

Neste sentido, recuperamos espazos esquecidos durante todo este tempo...O NOSO RECUNCHO DE RELAXACIÓN!!!

As únicas premisas para utilizalos son: Non xuntarnos máis de dous ou tres nenos e nenas e levar moitas ganas de relaxarnos. A partir de aquí, cada un o emprega como considera oportuno.

 

   

   

E xa temos a cabeza dando voltas buscando familiarizar moito máis este recanto....ESTADE ATENT@S!!!!

 

NOVAS RUTINAS

Igualmente, retomamos as nosas visitas á biblioteca do centro para coller en préstamo libros e películas para a fin de semana. Para isto, elaboramos uns novos marcadores co Trasno Trouleiro e, así, poder deixar os contos que devolvíamos no lugar inicial.  O máis sorprendente de todo isto, foi ver como evolucionamos nas nosas habilidades artísticas ó comparar o noso novo Trasno co do curso pasado. SODES UNHAS MÁQUINAS!!! Sorprendido

 

RENOVAMOS MATERIAIS

Seguindo coa nosa faceta artística, elaboramos novos manteis para a nosa merenda.

                                                    

 

E TAMÉN RENOVAMOS ESPAZOS

Aínda que xa eramos uns expertos na reciclaxe, repasamos e recordamos as regras principais deste proceso e elaboramos uns novos carteis coa profe Antía. GRAZAS POLA AXUDA!!!

 

ENGADIMOS MATERIAIS QUE NOS ENCANTABAN A ALGÚNS RECANTOS DE XOGO.


PERSONALIZAMOS A DECORACIÓN DA AULA

Un espazo onde pasamos moitas horas e que xa é como a nosa segunda casa.

                                                  NON CREEDES QUE LLES QUEDOU PRECIOSA? Vergoña

NORMAS.

Elaboramos unhas novas normas para o ano 2020, consensuadas e aprobadas por toda a aula. Así, algo que pode parecer moi sinxelo, supón un amplo debate sobre o que podemos e non podemos facer. Igualmente, reflexionamos sobre cales son as que máis nos costa realizar, polo que foron resaltadas como obxectivo a conseguir antes de acabar o curso. Finalmente, asinamos todos e todas o documento (incluído todo o equipo docente que pasa pola nosa aula) para fixar a nosa "promesa" de cumprir cada unha delas todos os días. Así, e como non creemos moito no éxito dos castigos, reforzaremos positivamente a todo aquel que cumpra este tratado de boas prácticas.

                            

 

INICIAMOS RUTINAS QUE SON MOI NECESARIAS.

Acostumados ó ritmo desenfrenado da vida adulta, decidimos comezar unha rutina na aula de descanso e relaxación ligada ó "slow life" ou como debemos ser os adultos os que se adapten a vida diaria dos nenos e nenas e non ó revés. Así, cada día, teremos polo menos un ratiño para  desacelerar, deternos y gozar da calma.

 

 

ANIVERSARIOS

XANEIRO

Comezamos ano e, con el, os aniversarios dos nosos pequenos xigantes. Nesta ocasión, tivemos celebración nada máis volver das vacacións de Nadal a cargo de Óliver a Moisés....

 

E un pouco máis adiante, a de Rodrigo e Marcelo.


MARZO

Despois dun mes de parón de cumpreanos, xa nos tardaba outra festa!!!

 

PARABÉNS CHIC@S E MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA CELEBRACIÓN!!!

 

Actividades varias.

Traballo con procesadores de texto.

 

Lóxica matemática.

Creamos os nosos monstruos máis terróríficos.

 
         

PLENO NO CONCELLO DE CERDIDO CO ALCALDE

"DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA"

 

 

 

VISITA DE PACO NOGUEIRAS CO SEU BRINCA VAI!!

 

XOGAMOS NOS RECUNCHOS.

                    

                

      

 

MÁIS BEN, XOGAMOS EN TODAS PARTES...

 

 

VOUVOS BOTAR MOITÍSIMO DE MENOS PEQUENOS XIGANTES!!

VÉMONOS O CURSO QUE VEN!!

BO NADAL FAMILIAS!!!

 

 

 

 

Día internacional das persoas con discapacidade.

O pasado 3 de Decembro, conmemoramos no centro o Día internacional das persoas con discapacidade. Así, reflexionamos sobre o que querían decir esas palabras algo extrañas para nós, cales eran as dificultades que atoparían diariamente esas persoas e que poderían facer para intentar solucionalas. Por isto, dende o centro, centrámonos na discapacidade visual e comezamos por realizar unha actividade na que experimentaríamos nas nosas carnes que sentía esa xente.

 

Como vedes, todos tiñamos axuda dos compis e, aínda así, algún que outro levou un bo chichón. Que difícil era non poder ver!

E como sería poder escribir e leer?

Así, coñecimos a linguaxe en braille e intentamos recoñecer as letras do noso propio nome. Posteriormente, axudamos á profe a escribir o seu.

                             

                             

En sesións posteriores, realizamos un pequeno "agasallo" para os nosos amigos e amigas invisibles e escribimos (cun pouco de axuda) os seus nomes en braille.

Distribuir contido


by Dr. Radut