Skip to Content

Ed. Infantil

VOLTAMOS!!!

Xa estamos de volta por estes lares. Así que ahí vai unha pequena listaxe de ideas para facer ó longo desta semana.

 

PROPOSTA 1:

Vamos a retomar a idea das receitas de cociña, tan extendidas nesta época polas redes. A idea é a seguinte:

1. Consensuades unha receita entre toda a familia, e digo negociades, porque os pequenos e pequenas deben facer a maior parte da mesma, así que non pode ser moi complexa. Igualmente, priorizamos as comidas máis saúdables.

2. Apuntamos a receita nun folio (que o fagan os nenos e nenas, senón saben escribir, poden copiar).

3. Escribimos unha lista da compra, o cal supón saber se temos algún ingrediente na casa, se a cantidade que temos chega, se necesitamos algo máis...(sobra dicir, que tamén poden facelo eles coa vosa axuda).

4. Facemos unha estimación do que pode costarnos (axudade ós pequenos e pequenas a redondear os prezos). Canto necesitamos para pagar? Cantas moedas son? Cantos billetes?

5. Elaboramos a receita. Parece fácil pero debemos lembrar os ingredientes, pesalos, seguir os pasos detalladamente...

6. Sacamos fotos e pasámosllas a profe para que morra da envexa Vergoña.

7. A comer!!!!

 

PROPOSTA 2:

Decoramos unha maceta. Como escoitades!!! Con materiais de refugallo ou simplemente con pinturas. Que voen esas imaxinacións!!! Velaquí tedes algunhas ideas:

 

E xa se plantades algo e colaboran no seu coidado, sería xenial!!!!

 

PROPOSTA 3:

Deixovos cun vídeo que empregamos na aula para o recoñecemento dos sons de cada letra. Como vedes, cada un ten asociado un xesto que tamén realizamos cando se nos complica un pouco recoñecer o fonema simplemente co seu son.

Podedes empregar os sons e os xestos para escribir algunhas palabras cos pequenos/as. Respetade os posibles erros que podan cometer, axudándoos no seu avance e corrección pero sen presas, son etapas da lecto-escritura e deben pasar por todas. Isto é como camiñar, a ninguén se lle ocorrería soltar a un bebé das mans se sabe que vai caer e é un proceso que dura moitos meses. Pouco a pouco, non hai prisa, todos chegan ó mesmo punto antes ou despois, o importante é que cheguemos ben fortes e motivados para continuar.

Probade a escribir nomes de bichos, por exemplo. E falando deles, deixovos tamén uns vídeos que víamos na aula sobre o tema, se a cousa segue alongándose así, retomaremos o tema do proxecto nas vosas casas, que vos parece?

 

 

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

#todosairáben Educación Infantil

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: Contos da editorial Kalandraka.

Ahí vai outra proposta de contacontos en rede. Nesta ocasión, Kalandraka publica unha sección de "contos contados" onde podedes visionar moitas das famosas historias desta editorial. Clica aquí e poderás acceder directamente.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: TODO SAIRÁ BEN!

Existe unha iniciativa nas redes para realizar cos nenos e nenas da casa. Así, a actividade consiste en crear co material que consideredes un arco da vella no que incluades a frase "Todo sairá ben!". Posteriormente, debemos darlle visibilidade nas fiestras das nosas casas e, dende o centro, farémolos públicos tanto na web como nas redes sociais. A idea é lanzar mensaxes e imaxes positivas para combatir o medo con positivismo e que os pequech@s poidan ver cor e optimismo no contorno próximo.

Animádevos!!!

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: OS BOLOS.

Vamos a realizar uns bolos caseros con botellas vacías de plástico e unha pelota pequena tipo tenis. Así, numeramos os bolos (que o fagan os nenos e nenas e así traballamos secuenciación numérica e grafía) e despois...A XOGAR!!! Para complicar un pouco a actividade, podemos ir apuntando os números que tiramos e sumar posteriormente. Quen gañará?

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: XERMINACIÓN DUNHA LEGUME.

Algo tan básico como meter unha lentella nun recipiente con algodón e ver a súa xerminación. Porén, esta sinxela actividade pode servir para que aprendan os coidados das plantas ó mesmo tempo que cada día debemos ser responsables da nosa pequena semente. Podemos incluso levar un libro de rexistro onde apuntemos cada día a data e hora, os coidados realizados (necesidade de máis luz, de máis auga, de terra, cambio de recipiente...) e o seu crecemento. Así,  podemos ver ata onde chega cando todo isto termine e, por suposto, ir informando á profe do seu progreso.Vergoña

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: LAVADO DE MANS.

Nunca existiu un momento mellor para mostrarlle ós nenos/as a importancia de lavar as mans. Así, primeiramente podemos realizar con eles un experimento científico que explica a perfección este proceso de vital importancia. Clica aquí para acceder a el.

Posteriormente, podemos visionar esta canción co fin de aprender a lavalas da forma máis divertida posible.

Lembrade que o máis importante agora é escapar do becho todo o que poidamos!!! Clica aquí para ir directamente á canción.

 

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut