Skip to Content

RECICLAXE

Como vai sendo habitual na nosa aula, creamos o noso recuncho de reciclaxe. Primeiramente, debíamos recordar a importancia de reciclar e por que debíamos facelo. Posteriormente, reflexionamos cales son os diferentes contenedores que podemos ver normalmente pola rúa? Que cores ten cada un? Cales precisamos na nosa aula? Máis tarde, puxémonos mans á obra e creamos uns carteis que nos axudarían na nosa labor de reciclaxe.

 

Así, mentras os maiores escribíamos, os pequenos íamos buscando cousas nos folletos que puideramos clasificar en cada un dos contenedores.

 

Cando xa tiñamos todo o traballo de base feito, relacionamos cada cartel coa cor correspondente e clasificamos e pegamos os diferentes recortes no seu lugar. Finalmente, xa só quedaba darlle forma e crear así o noso recanto de reciclaxe. E este foi o resultado!!!



book | by Dr. Radut