Skip to Content

Artisteando

"El grito" de Munch.

Así, coñecimos unha das obras máis famosas deste artista vinculada totalmente coa celebración do Samaín e o medoooo. Por isto, observamos o cadro, "que vemos?", "Que lle pasa?" "que está a facer?"... Degranamos cada pequeno detalle, dramatizamos as nosas caras máis terroríficas e preguntámonos "porque terá medo esa persoa?" e, o máis importante, "cando temos medo nós?". Finalmente, reproducimos ó noso xeito a obra de Munch, tendo claro cales son as cores coas que representaríamos ó medo.

          

          

 

PREPARAMOS UN MURAL DO SAMAÍN.

O que nos gusta pintar con pinceis e mancharnos todo o que podamos....Canso

 

    

  

E, co efecto terrorífico final, este foi o resultado...

Non me cansarei de dicilo, SODES UNS ARTISTAZOS!!! Guiño

 

OBRAS DO OUTONO.

Como era de esperar, íntimamente vinculado ó noso traballo do Outono, realizamos diversas obras relacionadas con esta preciosa estación. Así, e despois de investigar "cales eran as cores predominantes nesta época do ano", "porque lles caen as follas a algunhas árbores", "como se chaman este tipo de especies"... Aprendimos unha poesía moi típica do Outuno e, despois, a pintaaar!!!!!

     

     

 

ARTE... "URBÁN".

Despois, están aqueles estranos días nos que fai sol e decidimos aproveitar facendo algunha das nosas mellores obras ó aire libre. Guay

Como dato, dicir que gastamos todas as tizas e, antes de volver á clase, xa estábamos preguntando cando poderíamos volver.

  

  

 

    

 

KANDINSKY.

Outro dos pintores que traballamos este trimestre foi Vasili Kandinsky, xa que dábanos moito xogo á hora de traballar coas figuras xeométricas.

Así, e despois de analizar propiamente un dos seus cadros, decidimos poñerlle título e comezar a reproducir o mesmo. A única premisa, utilizar todas as cores que puideran.

 

   O NADAL

Así, case sen darnos conta, chegou Decembro e, con el, a nosa preparación para estas datas de luces, reencontros e ledicia.

Que vos parece o resultado final das portadas para os nosos traballos? Vergoña

A-R-T-I-S-T-A-S

 

 

 

 



book | by Dr. Radut