Novas

COMUNICADO URXENTE DO ANPA

in

O PRESENTE COMUNICADO FOI ENVIADO POR DIFUSIÓN CON DATA DO 29 DE SETEMBRO

 

Estimada familias.

En primeiro lugar queremos agradecervos a vosa paciencia coa situación xerada e sobre todo a vosa comprensión  hacia nós. De verdade que volo agradecemos, e por iso querémosvos  informar na maior brevidade posible da asemblea que no día de hoxe tivemos todas as Anpas, pertencentes a Foanpas.

Resumindo, cabe destacar quenol protocolo  Covid-19, redactado por Foanpas, e especialmente dirixido hacia Aula Matinal e Comedores obtivo a ratificación e aprobación das diferentes consellerías da Xunta validando tal documento e quedando soamente pendente de entrega á dirección do colexio para anexionalo ao seu propio protocolo.

En dito protocolo, ademais de recoller as medidas a tomar pola  Covid-19, exime de toda responsabilidade sanitaria ás Anpas, sempre que se respecte o descrito no mesmo. Como informamos con anterioridade, esta era unha liña vermella que non estabamos dispostos a cruzar.

Con toda a responsabilidade que corresponde, pero tendo claro, que os nos@s fill@s estarán o máis protexidos posible ante tal situación, tanto na Aula Matinal como no Comedor, complácenos informarvos que se abrirán na maior brevidade posible de tempo, e por fin así poder disfrutar dunha conciliación familiar.

Agora mesmo todas as Anpas adecuarán as instalacións a dito protocolo o máis axilmente posible e a intención é abrir os servizos mencionados todas ao unísono.

Por iso tamén vos solicitamos que nos confirmedes a asistencia tanto ao Comedor como á Aula Matinal d@s vos@s fill@s o antes posible xa que últimamente e debido a tal situación houbo algunhas baixas. Necesitamos sabelo porque de isto depende a negociación que teremos con Arume para realizar o servizo nas mellores condicións e fixar os prezos.

A confirmación a tal solicitude poderedes realizala de maneira excepcional e puntual ao teléfono de difusión, ademais de ao correo do Anpa.

Sn máis, decirvos que vos informaremos con máis detalles do funcionamento yehorarios dos servizos cando teñamos a data exacta de inicio.

Agradecervos novamente a comprensión e apoio amosado hacia esta Xunta directiva, e decirvos que o conseguido para o benestar d@s nos@s nen@s e a súa seguridade é grazas a vós.

Unha forte aperta.

ANPA BALAÍDOS

IMPORTANTE!!!

De NON CONFIRMARSE a plaza antes das 20 horas do día 1 de outubro, considerarase que se renuncia a dita plaza.

Medios de aviso:

- Teléfono de difusión (de xeito excepcional): 604029962

- Correo electrónico: AMPABALAIDOS@gmail.com

 

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO

 

O profesorado do centro é consciente que este curso vai ser algo máis "complicado" que outros en moitos aspectos. Un de eles é o tema das entradas e saídas do alumnado. Precisamos da vosa colaboración, da de todas as familias, para facer que sexa máis doado para todas e todos.

O primeiro que teriamos que pedirvos é que sexades moi respetuosos cos horarios. Se cada familia respecta o horario de entrada e saída e a orde en que entran e saen os respectivos grupos, NON ten por que haber aglomeracións.

O segundo é que manteñades a distancia social. É necesario que sexamos exemplo para os nenos e nenas. Non lles podemos pedir aquilo que nós non respectamos.

A situación na que vivimos é excepcional, polo que require medidas excepcionais e estrictas, para garantizar a seguridade.

Trátase de deixar aos nenos e nenas no portón, pois os profes xa están aí para indicarlles onde se teñen que colocar. Se vos quedades a ver como se colocan ou como suben, impedides que outros nenos e nenas poidan facelo con seguridade.

As entradas e saídas NON poden ser (neste curso) sesións de "minititorías". Os profes temos que estar pendientes do alumnado, non de pais ou nais que queren "decirnos unha cousiña". Para iso haberá outras canles (correo electrónico ao centro, videoconferencias, ou os que indique cada mestre/a).

A saída será da mesma maneira, sempre respectando a orde: os grupos saen sempre na mesma orde e en cada grupo sempre é a mesma orde na fila. Deste xeito, ata que non salga o alumnado de 6ºA, non comezará a sair o de 6ºB; e así sucesivamente e co correspondente horario. Isto quere dicir que as familias que teñen que estar diante son soamente ás que corresponde sair aos seus fillos. As demais terán que retirarse (aínda que falten irmáns doutras clases por sair) ata que lles corresponda.

No caso de que chova, o alumnado de primaria entrará polo portón e se encamiñará ao patio cuberto, onde teñen xa as filas marcadas cos correspondentes números para os respectivos cursos. Os seus profes estarán esperando para acompañarlles e indicarlles. As familias seguirán sen poder entrar no centro e terán que respectar a orde de entrada dos grupos tal e como se indica, así como a súa orde na fila (que sempre é a mesma tanto para entrar como para sair).

O alumnado de infantil entrará coa compañía dun familiar ata o patio cuberto (polo portón do río), dirixíndose á entrada que lle corresponda. A saída será de igual forma e pola orde indicada polo profesorado.

Para que teñades a información completa tedes este cadro que reflexa os horarios e accesos para entradas e saídas:

(NO DOCUMENTO ADXUNTO TEDES O MESMO CADRO EN PDF E TAMAÑO GRANDE)

ORDE SAÍDAS:

1ª QUENDA: 6ºA – 6ºB – 5ºA – 5ºB

2ª QUENDA: 4ºA – 4ºB – 3ºA – 3ºB

3ª QUENDA: 1ºA – 1ºB – 2ºA – 2ºB

FILAS EN DÍAS QUE NON CHOVA
 
FILAS EN DÍAS QUE CHOVA
 

 

 

COMUNICADO DO ANPA

in

 

Estimados socios:

Os remitimos el comunicado emitido por Foanpas el pasado viernes. Cabe destacar que éstas decisiones han sido consensuadas, de forma unánime por todas las Anpas miembros de Foanpas.

        Todas las Anpas tenemos plena voluntad de que el servicio de comedor continúe. Nosotros, como padres, tenemos la misma necesidad que vosotros, de que el servicio no cese. Sin éste servicio, la conciliación entre trabajo y familia no es posible. Pese a todo ello no estamos dispuestos a que la responsabilidad organizativa y posiblemente legal, recaiga sobre nosotros. A nuestro parecer es la Xunta quien debe determinar las medidas en cada centro, y quien debe responsabilizarze de los protocolos de actuación en seguridad sanitaria.

Nosotros somos padres voluntarios que hacemos un trabajo, que históricamente debería realizar la administración.

    Deciros que en ésta postura, en la cual creemos, necesitamos todo vuestro apoyo, y que seguramente habrá que tomar ciertas medidas de presión. Si no estamos unidos cuando haga falta, quizá todo el esfuerzo realizado, no sea suficiente para lograr el objetivo común.

Esperando vuestra comprensión y apoyo os mandamos un cordial saludo.

LA UNIÓN HACE LA FUERZA !!.

ÁNIMO!!

P.d: seguiremos informando del desarrollo de las negociaciones.

RESOLUCIÓN DA ASAMBLEA DE FOANPAS 13-08-2020

 

 

Este é o comunicado que a ANPA do centro colgou na súa web recentemente e no que se explican as razóns da postura das ANPAS agrupadas en FOANPAS para o peche de comedores e aulas matinais nos centros públicos de Vigo

 

MANIFESTO ANPAS GALEGAS DO 14 DE AGOSTO DE 2020

in

O pasado de 22 de xullo, publicouse a RESOLUCIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL E DE SANIDADE POLA QUE SE APROBA O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O INICIO DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE LECTIVA NO CURSO ACADÉMICO 2020/2021 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA(que aparece como arquivo adxunto) e que da as directrices para a actuación nos centros educativos, cargando coa responsabilidade das medidas ás direccións dos centros e, nos casos onde a xestión de comedores, aulas matinais ou comedores é das ANPAS, a elas mesmas.

Ante esta situación, tanto ANPAS como profesorado (no noso caso a través da Asociación de Directores de Vigo, ADICOPUVI) comezamos as accións para esixir cambios que garanticen unha volta segura ás aulas.

Neste momentos a situación está así:

- por parte das ANPAS, e despois de reunións cos organismos responsables, publicaron o Manifesto das ANPAS galegas sobre o inicio do curso 2020/2021 (tamén en arquivo adxunto).

- por parte de ADICOPUVI (representado ao profesorado e centros públicos de Vigo): reunións durante os meses de xullo e agosto, con escritos á Consellería de Educación e á Xefatura Territorial (respaldados polos claustros e consellos escolares) e pendientes doutras medidas.

É importante que toda a comunidade educativa como se plantexa este curso e cales son as medidas e medios que se deberían ter en conta por parte da Administración Educativa e Sanitaria para a seguridade e tranquilidade de todas e todos.

MANIFESTO ANPAS GALEGAS DO 14 DE AGOSTO DE 2020

in

No arquivo adxunto incluímos o Manifesto das ANPAS galegas sobre o inicio do curso 2020/2021.

É importante que toda a comunidade educativa como se plantexa este curso e cales son as medidas que se deberían ter en conta para a seguridae e tranquilidade de todas e todos.

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

 

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das subvencións de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo
As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260
As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño
 
Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude  a traves  dela.

As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

No DOG de hoxe mércores 6 de maio no título Disposicións Xerais dentro da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. e publícase o “Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21”.

ACLARACIÓN: SOAMENTE PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Este acordo queda reflexado no seguinte cadro:

Mes

Datas

Actuacións

Observacións

Maio

11 ao 18

Presentación solicitudes admisión

Firma dos dous proxenitores.

Ata o día 26

Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo

 

Xuño

Antes do día 9

Publicacións das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

 

 

Reclamacións contra as listaxes provisionais

3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

Ata o día 26

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

 

Xullo

1 ao 10

·         Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

·         Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato

 

Setembro

1 ao 10

Prazo extraordinario. Matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato

 

 

Solicitudes

Datas

Observacións

Fóra de prazo

Entre 19 de maio e 26 de xuño

 

Procedemento extraordinario

Entre o 27 de xuño e final de curso 2020/21

 

 

IMPORTANTE!!

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10:00h A 13:00h PREVIA CITA (telefónica ou por correo electrónico)

Teléfonos do centro: 886111080 / 886111084

Correo electrónico: ceip.balaidos@edu.xunta.es

Daranse citas individuais cada 15 minutos.Prégase puntualidade.

Ao centro acudirá unha soa persoa con guantes e mascarilla.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

in

Acaban de ser publicadas na web da Consellería de Educación as

Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre

 

En relación ao que afecta ás nosas etapas educativas (infantil e primaria), dispoñen que:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

IMPORTANTE:

Debido a cuestións organizativas xurdidas nestes últimos días, o peche desta segunda avaliación farémolo o vindeiro luns 6 de abril, ás 14:00h. A partir desta hora, as familias poderedes acceder a través do Abalar Móbil ao resultado da avaliación dos vosos fillos e fillas.

 

É conveniente que as familias descarguedes a aplicación Abalar Móbil para poder, a través de ela, acceder a diversos servizos, entre eles o resultado das avaliacións dos seus fillos e fillas.

Guía de Abalar Móbil para as familias

Guía rápida

COMUNICADO DO CENTRO EN BASE Á SITUACIÓN ACTUAL

En vista das derradeiras declaracións do Presidente da Xunta (https://www.farodevigo.es/galicia/2020/03/15/persona-equipo-directivo-centro-educativo/2263288.html) o profesorado NON acudirá ao centro durante os días de alerta sanitaria.

Por esta razón pedimos que non vos acheguedes ao centro ata novo aviso. Toda a información necesaria irase colgando nesta mesma páxina.

A partires de mañá luns 16 de marzo, estará colgada a información sobre as tarefas propostas para o alumnado. Así mesmo, poderedes facer as consultas que precisedes a través do teléfono 886 111 080 ou do correo electrónico ceip.balaidos@edu.xunta.es.

Como é obvio, e ante as novas medidas tomadas a nivel nacional e autonómico, cancélase a opción de pasar polo centro para recoller calquera tipo de material.

Aproveitamos a ocasión para DESMENTIR ROTUNDAMENTEos bulos e falsas noticias que nos derradeiros días circularon por redes sociais e mesmo algún tipo de prensa (que nin siquera contrastaron coa dirección do centro): NON TEMOS, NESTE MOMENTO, NINGUNHA CONSTANCIA DE NINGÚN CASO DE INFECTADOS DO CORONAVIRUS NIN ENTRE O ALUMNADO NIN ENTRE O PERSOAL DO CENTRO. O aviso emitido no seu momento tiña unha recomendación preventiva en función da información recibida por parte dalgunhas familias do centro.

O profesorado e o demais persoal do centro enviámosvos todo noso ánimo e forza para enfrentarnos coa actual situación, tendo moi claro que SAIREMOS DE ESTA!!!

E por favor, lembrade:

#QuédateNaCasa

#QuédateEnCasa

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu Servizo de Inspección, envíanos o seguinte vídeo con información sobre o Coronavirus.  No cartel que se adxunta podedes ver a mesma información resumida. Máis información neste enlace 

Dende o centro queremos dar unha mensaxe de tranquilidade e sentido común.

 

Distribuir contido

Back to top