Novas

“Depo Aventura A Lanzada” para o 2020

in

INTERESANTE OPCIÓN!!

Dende o Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, informamoslle que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de 3 de marzo de 2020, publicaronse as bases reguladoras do programa de campamentos “Depo Aventura A Lanzada” para o 2020.

 Depo Aventura A Lanzada” 2020 oferta 2.200 prazas distribuídas en 11 quendas de campamentos de 7 días de duración, que se desenvolverán entre os meses de xuño e setembro.

O prazo de presentación de solicitudes será do 4 ao 25 de marzo ( ambos incluidos).

Nesta convocatoria poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

— Nacer entre os anos 2007 e 2012 (ambos os dous incluídos)

— Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra

— Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa

Estes requisitos serán condición necesaria para a admisión da solicitude. 

 

A información do programa está publicada no seguinte enlace:

 

https://www.depo.gal/web/edepo/depo-aventura

 

Tamén poden contactar no 986804100.

 

Obradoiro para nais e pais da Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo

in

Dende a Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, informan dun novo obradoiro para nais e pais que van impartir na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.

 

O obxectivo do obradoiro é brindar un espazo  formativo ás nais e pais que necesiten mellorar as súas capacidades para afrontar os desafíos  que presenta  a sociedade actual, a través de traballar as seguintes temáticas:

 

-     Ser conscientes  de que como  nais e pais somos modelos de identificación para as nosas fillas/os que transmitimos coas nosas actitudes, valores, crenzas e conviccións.

 

-     A información, a  reflexión e a análise que lles proporcione as ferramentas que melloren a comunicación cos fillos/as dentro do grupo familiar.

 

-     A orientación que lles permita entender, apoiar, comprender e dar resposta aos cambios evolutivos a nivel intelectual, afectivo, social e sexual dos seus fillos/as que favorezan o desenvolvemento de habilidades persoais e dunha personalidade con autoestima, aspectos  que constitúen a base da identidade persoal.

 

-           Que é a propia aceptación e valoración persoal,  as que sustentan o equilibrio psíquico e o bo trato interno, sendo a condición fundamental que prevé o non exercer ou non padecer o mal trato.   

 

V Taller de Intelixencia Emocional- Espazo familia

O vindeiro XOVES 5  de MARZO terá lugar o V Taller de Intelixencia Emocional- Espazo familia organizado polo Departamento de Orientación do centro para a Escola de pais e nais.

Desenvolverase na biblioteca do centro en horario de 16:00 a 18:00h.

DESFILE DE ENTROIDO E XUIZO DO MECO

Mañá, venres 21 de febreiro, terá lugar no patio do colexio o DESFILE E XUIZO DO MECO deste ano 2020.

Como vimos facendo outros anos, haberá unha zona para que as familias do alumnado poidan asistir e observar o espectáculo. Abrirase o portalón da zona do río ás 12:30h.

Lémbrase que:

-  non se poderá pasar da zona asignada

- no caso de sacar fotos ou vídeos, a responsabilidade do seu uso será exclusivamente da persoa que o faga;

- non se pode levar ningún neno/a antes do remate do horario.

 

É un día de disfrute e celebración, axudádenos a que así o sexa.

IV TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL. ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro XOVES 6  de FEBREIRO terá lugar o IV Taller de Intelixencia Emocional- Espazo familia organizado polo Departamento de Orientación do centro para a Escola de pais e nais.

Desenvolverase na biblioteca do centro en horario de 16:00 a 18:00h.

III Taller de intelixencia emocional

O vindeiro LUNS 13  de XANEIRO terá lugar o III Taller de Intelixencia Emocional organizado polo Departamento de Orientación do centro para a Escola de pais e nais.

A ponente será Raquel Pedrouso e desenvolverase na biblioteca do centro en horario de 16:00 a 18:00h.

 

Alerta de nivel LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

    1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
    2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
    3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Taller intelixencia emocional-escola de nais e pais

O vindeiro mércores 11 de decembro, de 16:00 a 18:00h terá lugar a seguinte sesión do "Taller de intelixencia emocional - Escola de nais-pais".

1º Taller Escola de pais/nais do curso 2019-2020

in

O vindeiro XOVES 7 DE NOVEMBRO terá lugar o primeiro Taller de educación emocional do curso 2019/2020. O seu horario será de 16:00-18:00h.

Enviouse polo alumnado para todas as familias unha folla para que as familias interesadas devolvan cuberta ao centro (a  través das/os titoras/es).

Haberá "Taller de xogos", como servizo da ANPA, por se se precisa. Precisariase avisar previamente para que a rapaza que o leva saiba cantos nenos/as  vai ter a maiores para organizarse.

 

Acto de homenaxe no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar un "Acto de homenaxe  no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos", organizado polo Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños "O Castro".

O noso colexio foi invitado a este acto, ao que acudíu o director do centro en representación do centro, como entidade colaboradora na recuperación medioambiental da parroquia neste 2019. Lembremos a saída conxunta de todo o alumnado e profesorado do centro, o pasado curso, para colaborar na plantación de centos de árbores na parroquia de Chandebrito.

Así mesmo, realizouse un Acto de hermanamento co Municipio Luso de Castanheira de Pera, ao que asistiron a súa Presidenta da Cámara e máis o Cónsul de Portugal en Vigo. Neste municipio luso,  foron 47 as víctimas mortais do inferno que asolou Portugal en xuño do mesmo ano e que convertíu as estradas en auténticas rateiras sen saída.

Nas fotos que seguen poderedes ver o mapa da zona e o agasallo que nos deron por colaborar

 

 

No seguinte enlace poredes ver fotos e máis documentos en relación con este tema: https://drive.google.com/open?id=1lQfHzkHYdY5PnrxuLjUtIYSiYZ44LQCD

 

Distribuir contido

Back to top