Novas

Colaboración con Bicos de papel

Este ano, no Día do Libro e a proposta do Equipo dinamizador da biblioteca, decidíuse no centro colaborar coa asociación Bicos de papel (https://bicosdepapel.org/)

Para tal axuda, o alumnado do colexio decorou uns marcapáxinas que logo as familias, de forma voluntaria, mercaron aportando a cantidade que estimaron conveniente.

Dende o centro agradecemos enormemente esta aportación, que foi entregada hoxe mesmo á Presidenta da asociación por parte da dirección do colexio.

Trasmitimos dende aquí o seu agradecemento a todo o alumnado e, por suposto, a todas as familias.

Podedes saber más sobre os marcapáxinas neste enlace: http://orecunchodexoan.blogspot.com.es/2018/04/marcapaxinas-solidarios.html

 

Campaña de recollida de sinaturas: polo bosque autóctono e contra os incendios

in

O noso cole súmase á campaña de recollida de sinaturas en prol da Proposición de lei por iniciativa lexislativa popular para a protección e mellora para os hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais.

Na mesa situada á entrada do centro (frente á secretaría) atoparedes o pliego de sinaturas.

QUERES PROTEXER O NOSO BOSQUE AUTÓCTONO E LOITAR CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS?

ASINA!!!

 

A EDUCACIÓN A DEBATE

in
A Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada Educación a debate, que consta de vaias sesións sobre distintos temas. O próximo mércores, 28 de febreiro, en horario de 18:00 a 20:00, no IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88, 36202, Vigo ) terá lugar unha mesa redonda sobre "Iniciativas a prol da coeducación" na que participarán varias expertas en educación en igualdade.


LIBROS DE TEXTO DE INGLÉS DE 1º E 2º

Como xa avisamos ao remate do pasado curso escolar, os libros de texto de INGLÉS de 1º e 2º de primaria para o curso 2016/2017 estaban pendentes de aprobación pola Xefatura Territorial de Educación.

Con data do 24 de agosto recíbese a confirmación do cambio aprobado (soamente o referido ao libro de 1º), quedando os libros desta materia para os cursos de 1º e 2º de priomaria do xeito seguinte:

CURSO 1º DE PRIMARIA CURSO 2º DE PRIMARIA
  • Oxford Rooftops 1. Editorial Oxford

Class Book : ISBN 978-0-19-450302-0

Activity book pack: ISBN 978-0-19-450311-2

  • STAY COOL 2.ED. Oxford

Class book : 978-0-19-4413138

Activity book: 978-0-19-4412384

No arquivo adxunto podedes ver a lista completa dos libros de texto de primaria

FONDOLIBROS: adxudicacións

No arquivo adxunto está a adxudicación dos libros correspondentes ás solicitudes presentadas.

Importante a ter en conta:

  • As listaxes do alumnado están ordeadas por Curso e por orde alfabética.
  • O alumnado beneficiario ten especificado o número de libros que lle corresponden.
  • Soamente hai que mercar aqueles libros nos que se indica "MERCAR", están en cor azul.
  • O resto dos libros darallos o centro, están en cor negro.
  • Tamén nesa listaxe aparece o alumnado excluido.

 

Lembrade que o reparto de libros faino o programa de fondo libros, o centro non ten que ver na adxudicación dos mesmos.

Para calquera aclaración ou dúbida, dirixídevos ao correo do centro: ceip.balaidos@edu.xunta.es

 

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES

in

Convocadas as axudas municipais  para comedor, libros e material escolar do Concello de Vigo

 

Para descargar o impreso de solicitude clicar aquí

Enquisa do Plan Lingüístico do centro.

Durante os próximos 15 días se poderá cumprimentar o seguinte formulario para valorar o uso da lingua galega no centro co fin de obter información para planificar e mellorar o plan lingüístico do centro de cara ao ano que ven.

Hai dous formularios, un destinado ás familias e outro destinado aos alumnos de 5º e 6º:

- Enquisa para as familias de Educación Infantil e ata 4º de Educación Primaria.

- Enquisa para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Campaña de acollemento familiar da Cruz Vermella

in

O 20 de novembro é o Día Universal dos Dereitos da Infancia. A infancia é un colectivo prioritario para Cruz Vermella e entre outros programas desenvolve o de Familias Acolledoras.

Para saber máis sobre o acollemento familiar podedes consultar a http://familiasacolledoras.cruzvermella.org/

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no DOG a  ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Nesta orde apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Se queredes consultar a orde clicade aquí

Para máis información consultade en http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convócase ás familias do alumnado de 3º e 5º de primaria do curso 2015/16 a unha reunión no centro o vindeiro MARTES 8 de setembro ás 13:00h. para explicarlles como se vai facer co tema dos libros de texto neste cursos.

 

 

Distribuir contido

Back to top