Novas

XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

in

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

 

Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

 

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

 

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/

Convocadas as avaliacións do sistema educativo. Curso 2018-2019

in

A Consellería de Educación convoca as avaliacións do sistema educativo para o curso actual (2018/2019):

  • Avaliación individualizada de 3.º curso de educación primaria:

          Celebrarase os días 28 e 29 de maio.

          Ten carácter censual e aplicarase a todo o alumnado matriculado en 3º de primaria neste curso escolar.

           RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018 (DOG do 3 de maio)

  • Avaliación final de educación primaria (28 e 29 de maio)

          Celebrarase os días 28 e 29 de maio.

          Ten carácter mostral  e finalidade diagnóstica. Este ano NON lle toca ao noso centro, pois soamente se realizará nunha mostra de centros.

           RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2018 (DOG do 3 de maio)

  • Avaliación final de educación secundaria obrigatoria

          RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018 (DOG do 3 de maio)

FORMACIÓN EN INTELIXENCIA EMOCIONAL

in

Lembrámosvos que a última sesión de formación en intelixencia emocional será o vindeiro xoves 9 de maio, de 16:00 a 18:00 horas, no salón de actos do centro.

 

Esperamos a vosa asistencia!

 


Día internacional da concienciación do autismo

in

Hoxe 2 de abril conmemórase o día internacional da concienciación do autismo. Este ano o lema é  I ≈ autismo  para aumentar a concienciación social sobre o autismo e promover un mellor coñecemento para que todos e todas  poidamos contribuir na inclusión das persoas con TEA.

Mensaxe do BANCO DE ALIMENTOS

in

Hoxe recibimos no colexio o agradecemento do BANCO DE ALIMENTOS pola contribución solidaria do noso centro: 304 kilogramos de solidariedade!!!

Nova sesión da Escola de Nais e Pais

O vindeiro XOVES 21 de febreiro, ás 16:15h, terá lugar o IV Taller de "Límites e exercicio da autoridade" da Escola de Nais e Pais do CEIP Balaídos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes 26 de febreiro terá lugar a XORNADA DE PORTAS ABERTAS no CEIP Balaídos.

A actividade celebrarase pola tarde a partires das 16:00h e ata as 18:00h. Constará de unha pequena reunión coa dirección e parte do profesorado do centro, onde se lles informará dos aspectos xerais do centro e, posteriormente, unha visita guiada polas dependencias do mesmo.

Poderá facerse en varios turnos (dous ou tres), dependendo da hora de chegada e esperando ata formarse un grupo suficiente de persoas. 

ESPERÁMOSVOS!!!

 

BUSCANDO SOLUCIÓNS

in

A Asociación de nais e pais do CEIP Balaídos (ANPA Balaídos), xunto coa dirección deste centro de ensino, e en representación das familias do alumnado, demandamos unha solución definitiva ante a insuficiencia e a precariedade das instalacións (básicamente debido á falta de espacio) nas que actualmente se está a prestar o servizo de comedor.

Na mesa que está á entrada do centro e clicando aquí tendes FOLLAS PARA A RECOLLIDA DE SINATURAS para buscar solucións e iniciar a mobilización.

Traballo de Valores de 6ºB

Con motivo da celebración do Día Mundial da Alimentación (DMA) o 16 de outubro a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) lanza unha campaña de información e concienciación contra a fame no mundo.

Na clase de valores de 6ºB quixemos profundizar sobre este tema e, aproveitando o concurso de carteis “Hambre cero”, investigamos un pouco sobre  sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos pola FAO

O lema deste ano 2018 está adicado ao segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS2): Fame Cero, que no so pretende acabar coa fame, senon tamén lograr unha nutrición mellorada e unha agricultura sostible. O resultado deste noso traballo o plasmamos neste cartel.

Nova cita do Taller de escola de pais e nais

O pasado 22 de novembro iniciamos o I Taller da nosa recién creada escola de pais e nais de Balaídos.Fixemos a presentación do programa e falamos do noso papel como adultos na construcción da madurez e autonomía dos nosos fillos.

 

O vindeiro 19 de decembro continuaremos co II Taller da escola de pais e nais. O tema que traballaremos será: Claves da Comunicación. Cambiamos a data de xoves a mércores por coincidir coa festade Nadal de actividades extraescolares da ANPA.

 

 

Distribuir contido

Back to top