RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

No DOG de hoxe mércores 6 de maio no título Disposicións Xerais dentro da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. e publícase o “Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21”.

ACLARACIÓN: SOAMENTE PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Este acordo queda reflexado no seguinte cadro:

Mes

Datas

Actuacións

Observacións

Maio

11 ao 18

Presentación solicitudes admisión

Firma dos dous proxenitores.

Ata o día 26

Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo

 

Xuño

Antes do día 9

Publicacións das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

 

 

Reclamacións contra as listaxes provisionais

3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

Ata o día 26

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

 

Xullo

1 ao 10

·         Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

·         Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato

 

Setembro

1 ao 10

Prazo extraordinario. Matrícula en educación secundaria obrigatoria e bacharelato

 

 

Solicitudes

Datas

Observacións

Fóra de prazo

Entre 19 de maio e 26 de xuño

 

Procedemento extraordinario

Entre o 27 de xuño e final de curso 2020/21

 

 

IMPORTANTE!!

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10:00h A 13:00h PREVIA CITA (telefónica ou por correo electrónico)

Teléfonos do centro: 886111080 / 886111084

Correo electrónico: ceip.balaidos@edu.xunta.es

Daranse citas individuais cada 15 minutos.Prégase puntualidade.

Ao centro acudirá unha soa persoa con guantes e mascarilla.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Back to top