A XIMNASIA ACROBÁTICA VISITA O COLEXIO

 

Na pasada semana tivemos no colexio a visita do CLUBE FLIC FLAC de Vigo, de XIMNASIA ACROBÁTICA. Só puideron dar a sesión a cinco grupos de alumnado, pero han voltar no vindeiro curso.

Foi todo un pracer ver os videos e asistir ás sesións. Grazas.

 

 Aqui tedes as imaxes para descargar: https://drive.google.com/drive/folders/1-EbbGwtRuhcRBf5hkNLNfoCuuNQ2-NhZ

A NOSA REVISTA BREOGÁN 2019 XA ESTÁ AQUÍ!!

in

Como un ano máis, a revista Breogán recopila experiencias, traballos, saídas e demáis cousas moi interesantes que sucederon ao longo deste curso! 

 

Podedes descargar a revista aquí

 

 

Visita ao Zoo. Educación Infantil.

O pasado venres o noso alumnado de Educación Infantil realizou unha visita ao zoo onde puideron ver en primeira persoa unha grande cantidade de animais. Foi moi emocionante!!

Obradoiro de Primeiros Auxilios no CEIP Balaídos

 

 

Durante o 3º trimeste no cole tivemos a gran sorte de contar coa colaboración das profesionais do proxecto Escola Corazón, unha iniciativa de intervención comunitaria polo ensino das técnicas de RCP nos colexios de Primaria.

Todo o alumnado do centro, dende infantil ata primaria participou nos obradoiros realizados para tal fin, e a experiencia resultou moi satisfactoria. 

Agradecemos as facilidades dadas e a boa disposición que tivo en todo momento o grupo de profesionais de Escola Corazón que nos visitou durante o terceiro trimestre.

 

Día Mundial da Orientación 2019

Por segundo ano consecutivo todo o alumnado do CEIP Balaídos participou no Día Mundial da Orientación (WOD)

 

Este ano tivemos 4 actividades distintas; un correlín para os máis pequenos e pequenas, un labirinto, un microsprint (serie 27) e os tradicionais percorridos lineais polo recinto escolar.

O día acompañou e puidemos gozar dunha marabillosa xornada de convivencia e orientación para todos e todas.

FESTILETRAS

Un ano máis, para pechar o mes das Letras Galegas, celebramos na última semana de maio o noso FESTILETRAS, onde nenos e nenas de Infantil e Primaria realizan diferentes actuacións na que empregan e potencian o uso da nosa lingua galega.

Para poder disfrutar das actuacións só tendes que clicar no curso desexado. As actuacións de Educación Infantil aínda non as podemos publicar porque andan a argallar unha sorpresa e, polo tanto, só queda agardar o que estes cativos teñen preparado para vos.

 

 

3 anos A 4 anos A 5 anos A
3 anos B 4 Anos B 5 anos B

 

 
 
     
     

 

 

  

INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Con elementos de refugallo, o alumnado de 6º de Educación Primaria fixo uns fabulosos instrumentos musicais.

A exposición está instalada no corredor principal da planta baixa do edificio de primaria.

Vide vela!

 

NORABOA!

A FUNDACIÓN CELTA VISITA O COLEXIO

O venres 31 de maio tivemos no colexio a última das actividades deste Maio das Letras Galegas, na que houbo un amplo programa de actividades tanto literarias, artísticas, científicas, teatrais, musicais, deportivas e saidas extraescolares; e que remataron co noso xa tradicional Festiletras (do cal vos informaremos).

Tratouse da visita de dous técnicos da FUNDACIÓN CELTA, quen desenvolveron dúas sesións de prefútbol, dirixidas ao alumnado de 3º de educación primaria.

Foi xenial!

Vede este minivideo:

 

Tamén tendes fotos neste enlace (fai clik na imaxe)

 

Excursión de 4 anos á granxa Kiriko.

Un ano máis o alumnado de 4 anos foi á granxa Kiriko a vivir unha experiencia fantástica. Fixeron galletas coas súas propias mans, visitaron a horta e fixeron uns pequenos sementeiros e coñeceron moitos animais como burros, cabalos, ovellas e cabras. Foi un día estupendo.

Letras Galegas 2019. Corre lingua.

Con motivo das letras galegas 2019 adicado a Antonio Fraguas, no noso centro realizamos un corre lingua dende infantil ata primaria que encheu moitas paredes do noso centro de un montón de palabras na nosa lingua galega.

 

Distribuir contido

Back to top