Skip to Content

Solicitude de admisión

   Estimadas familias. Do día 1 ao 21 de marzo é o  período de solicitude de admisión .

   No apartado de "Admisión" teredes toda a normativa , a relación de vacantes e en canto esté dispoñible os modelos de solicitude. 

   No apartado de "o centro" a información relativa a instalacións,  mapa  de zona de influencia, rúas de zona de escolarización, no apartado  "transporte" as rutas do transporte escolar.

   A información dos servizos complementarios. Tamén nos apartados "madrugadores" e "comedor" 

Un cordial saúdo.

A equipa directiva

 

Desfile de Antroido

Estimadas familias. Como xa sabedes, mañá celebraremos o venres de antroido e volvémolo sacar fóra do centro.

Este ano tócalle  ao barrio da Almáciga. Sairemos do cole sobre ás 10:40 e voltaremos sobre ás 11:30. O percorrido será polas rúas Proxecto Vagalume,Teo,Touro,Pino,Betanzos e Proxecto Vagalume.

Utilizaremos a beirarúa dereita e as familias que queirades acompañarnos pedímosvos  que utilicedes  a esquerda. 

Para manter os grupos burbulla é fundamental que o alumnado de cada curso permaneza en todo momento co seu grupo polo que vos rogamos que non separedes as crianzas do seu grupo nin vos metades vós a formar parte del.

Esperemos que para o curso que vén teñamos oportunidade de xuntarnos no centro unha vez que remate o desfile.

Un afectuoso saúdo.

A Equipa Directiva

Xornadas de portas abertas.

Os días 24 de febreiro e o  3 de marzo terán lugar as xornadas de portas abertas para que poidades coñecer as instalacións do centro.

Será ás 17:00 e a visita durará  aproximadamente unha hora.

Cada día cubriránse un máximo de 20 prazas e, de ser preciso, poríamos un terceiro día o xoves 10 de marzo.

Debido a situación sanitaria agradeceríamos que viñésedes unha persoa por familia e que non traiades as crianzas.

Unha vez rematado o proceso de admisión, se  a situación sanitaria o permite, faremos visitas para familias coas crianzas.

Para pedir cita podedes chamar ao 881867930 ou enviar un correo electrónico ao ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal .

En breve subiremos á páxina toda a información do proceso de admisión. 

Saúdos afectuosos

A Equipa Directiva.

Información aula de 6º

Estimadas familias, trala aparición de 4 casos positivos na aula de 6ºA EP (18 alumnos) nos últimos 7 días, superando o 20% establecido no protocolo, considérase necesario corentenar como contactos estreitos ao resto de alumnado da aula agás o alumando que:

1.-Teña a pauta de vacinación completa anterior ao 26 de xaneiro de 2022 .Se foi positivo nos últimos 6 meses e ten unha dose da vacina anterior a esa data actúase como se tivese a dose completa .

2.- Pasara a enfermidade nos últimos 6 meses ( se foi positivo nos últimos 3 meses non ten que facer nin corentena nin vixianza e se foi positivo entre 3-6 meses non fará corentena pero si vixiancia sen poder acudir ao comedor) 

A corentena domiciliaria é de 7 días a contar dende a data de contacto co último caso positivo (día 10 de febreiro) se se realiza PDIA (PCR ou test de antíxenos en sitio homologado), non en domicilio entre o 5º-7º día, ou de 10 días si non se realiza PDIA.

Achegase a información de contactos con corentena e contactos en vixianza.

Un afectuoso saúdo.

A Equipa Directiva

Reserva de praza nos IES de Sar e Xelmírez II

 

Estimadas familias: Está aberto ata o día 8 de febreiro o prazo para realizar a reserva de

praza do alumando de 6º de EP para os IES aos que estamos adscritos : IES

do Sar e IES Xelmirez II.

De non querer ir a algún destes centros a solicitude de admisión realizarase no período

ordinario de admisión no mes de marzo.

No portal da Consellería https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/    tedes toda a

información que vai recollida e ampliada no documento adxunto.

Un afectuoso saúdo.

A Equipa Directiva

 

Reparto de máscaras

 

Na seguinte dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621 tedes a información sobre o reparto de máscaras para o alumnado de Educación Primaria. Teñen dereito ás mesmas aquelas persoas que foron beneficiarias de axudas de material no curso 21/22.

As familias que non foron beneficiarias e cumpren os requisitos de renda establecidos na Orde do 28 de outubro de 2021 poden presentar unha nova solicitude no prazo establecido.Adxuntamos os Anexos I e II para presentar a solicitude.

Un cordial saúdo.

A Equipa Directiva

Eleccións ao Consello Escolar. Publicación de candidaturas.

 

No documento adxunto tedes a relación de persoas candidatas a representar o sector das familias no Consello Escolar.Tamén estará exposta na entrada do centro.

As votacións serán o día 23 de novembro en horario de 13:45 a 14:15 e de 16:30 a 18:30.

Poden votar as dúas persoas proxenitoras ou titores legais . O voto é presencial , segredo e non delegable.  Cada persoa electora deberá  acreditar a súa personalidade mediante documento oficial.

Un cordial saúdo.

A Equipa Directiva

Eleccións Consello escolar

Estimadas familias: Hoxe constituiuse a Xunta Electoral encargada de regular o proceso de renovación de compoñentes do Consello Escolar do centro.

Como sabedes este é o Órgano Colexiado no que están representadas  as persoas que compoñen a Comunidade Educativa e ten vital importancia que todos os sectores conten coa representación completa.

Os censos de familias están expostos no centro na cristaleira interior. Hai dez días de prazo para a súa revisón.

Na documentación adxunta  tedes a información para a elección de representantes das familias e o modelo de presentación de candidatura.

Continuaremos informado do proceso.

Un afectuoso saúdo.

A Equipa Directiva.

Listaxe de material de EI

No documento adxunto tedes a listaxe de material de Educación Infantil para aquelas familias que decidan mercalo pola súa conta.

Información sobre comedor e madrugadores

Achegamos información actualizada proporcionada polo Concello sobre  o servizo de comedor e madrugadores.

Distribuir contido


by Dr. Radut