Skip to Content

Novas

NOVOS ENDEREZOS ELECTRÓNICOS

Recentemente creamos dúas novas contas de correo vinculadas ao centro educativo.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

orientacion.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

 

SECRETARÍA (trámites, matrícula, certificados...)

secretaria.ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.gal

Visita virtual portas abertas

 As medidas tomadas pola situación actual   non permiten  amosar o centro dun xeito presencial.

O alumnado do centro amosanos o centro nun video elaborado por eles.

Achégase un adxunto por se hai problemas de visionalo neste cadro.

 

AdxuntoTamaño
portas_abertas_MP4(124MB).mp4124.83 MB

Recollida de libros e material didáctico

 Quendas de recollida

 

Luns 8 de xuño:4º EI Luns 15 de xuño:3º EP
Martes 9 de xuño:5º EI Martes 16 de xuño:4º EP

Mércores 10 de xuño:6º EI    

Luns 22 de xuño:5º EP Equipos EDIXGAL
Xoves 11 de xuño:1º EP Martes 23 de xuño:6º EP Equipos EDIXGAL
Venres 12 de xuño:2º EP        Xoves 25 de xuño: Alumnado con equipos cedidos

O horario de recollida será de 09.00 a 14.00. Aquelas afmilias que teñan crianzas en varios cursos poden acudir a recoller todo o material o día que lle corresponda ás de cursos máis altos 

A persoa que recolla o material timbrará na porta do centro, o persoal de cons erxería, informará de que se dirixan á porta pola que entraba o alumnado non transportado e alí entregará as bolsas que se atoparán debidamente identificadas .

A persoa que recolla o material deberá asinar conforme recolleu o material no impreso facilitado ao efecto.

As familias que teñan material audiovisual  proporcionado dende o centro  deberán entregalo o día que se indica arriba e ese será o día no que fagan a recollida do material. Teñen asignado un día diferente ao do resto do alumnado. Asinarán tamén un documento de entrega do material.

Todas as familias que teñan libros da biblioteca introduciranos no caixón habilitado a tal efecto o día que lles toque de vir recoller o material. Estes libros deberán vir etiquetados co nome e o curso da nena ou neno.

 

 

Rifas pro excursión de 6º de EP

As rifas que se distribuíron para axudar ao alumnado de 6º na súa excursión de fin de curso  tiñan como data de sorteo o 17 de maio.

Ao ser anulado ese sorteo cambianse para que coincidan  co sorteo da Lotería Nacional do  sábado día 13 de xuño.

Mantéñense o resto das condicións.

Os números agraciados son :

1º premio 86830 

2º premio 75116

Comunicado da Equipa Directiva do peche do centro.

Achegamos escrito de comunicación do peche do centro.

AdxuntoTamaño
Comunicado peche centro.pdf108.22 KB

Nova Xornada de Portas Abertas

O  vindeiro mércores realizaranse unha nova   "Xornadas de Portas Abertas"

  Para aqueles que non puideron acudir a as anteriores e coñecer o centro, as nosas instalacións e os nosos proxectos e para o resto da Comunidade Educativa.

En horario de  11:30 horas a 14:00 horas

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os  vindeiros mércores 12,  xoves 13,  e venres 14 de febreiro  realizaranse  "Xornadas de Portas Abertas" no noso Centro, para visitar e coñecer o centro, as nosas instalacións e os nosos proxectos.

Nos horarios seguintes:

  • Mércores e Venres de 11:30 horas a 14:00 horas 
  • Xoves  a partir das 17:00 horas

Estas xornadas, abertas a toda a Comunidade Educativa , están máis especialmente dirixidas a aquelas familias que  desexen facelo con vistas á solicitude matrícula para o vindeiro curso  cuxo prazo  abriráse o vindeiro  día 1 de Marzo  e permanecerá aberto ata  o día 20 de marzo

Comezo das clases curso 2019-2020

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Por fin!!!! Mañá día 11 empeza o curso 19/20...

Ao ser o primeiro día teremos unha xornada un pouco diferente que pasamos a explicarvos de seguido.

Ás 9:00  o alumnado  de 5º 6º de EI e todo o de primaria coas familias que poidades acompañalos,  iremos ao Salón de Actos onde presentaremos ao profesorado e a continuación cada grupo irá á súa aula coas mestras que lles corresponda.

As familias quedarán no salón de actos co equipo directivo .Queremos explicarvos as novidades que temos este curso , as normas xerais de funcionamento e intentaremos aclarar as vosas dúbidas.

Unha vez que acabemos, sobre ás 10:15, o alumnado sairá ao patio coas mestras especialistas  e as familias irán ás aulas para ter unha primeira toma de contacto coas titoras. 

Rematada esta reunión , unha vez que as nenas e os nenos volten ás aulas, iniciaremos o horario normal dun mércores.

Gustaríanos tervos anunciada a organización do 1º día con máis antelación pero non foi posible ...

Saúdos  a todas as familias e benvidas ao novo curso!!!!!

Reunións de inicio de curso en Educación Infantil

O xoves día 5  ás 11:00 terán lugar as reunións coas familias de 4º e 6º de Educación Infantil.

O venres día 6  ás 11:00 terán lugar a reunión coas familias de 5º de Educación Infantil.

Plan de Convivencia

02/01/2017 00:00

 

      Xa tedes á vosa disposición en documento adxunto o noso plan de convivencia para consultalo e descargado cando o desexedes.

AdxuntoTamaño
Plan de convivencia.pdf221.79 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut